Venres. 26.04.2024
El tiempo

Adxudicada a parcela no polígono de Muros en réxime de Dereito de Superficie

Poligono Muros 2020 copia
Imaxe do Google Maps do polígono muradán
Adxudicada a parcela no polígono de Muros en réxime de Dereito de Superficie

A adquisición de parcelas en réxime de Dereito de Superficie é a aposta de Suelo Empresarial del Atlántico para facilitar o achegamento do empresariado. Unha opción que permite aprazar parte da inversión nos primeiros anos, co que se facilita que as empresarias e os empresarios poidan iniciar a súa actividade, sen ter que facer un gran desembolso inicial.

Esta semana SEA autorizou a adxudicación, vía telemática, dunha parcela de case 1000 metros cadrados no polígono industrial de Muros, por este réxime. A concesión da parcela número 12 da manzana 4 do Parque Empresarial de Muros é a primeira realizada con este modelo.

A empresa pagará tan só 1.172,57 euros ao ano, o primero e o segundo ano – 97 euros ao mes--, e de 1.954,28 euros o terceiro e cuarto ano. A partir de aí, a cantidade sería de 2.375,99 euros anuais ata alcanzar os 30 anos máximos de vixencia deste dereito, se ben o adxudicatario podería facerse coa propiedade da parcela, se a merca o quinto ano. No custe total reduciranse parcialmente as cantidades abonadas os anos anteriores.

Os polígonos de Cee e Malpica (ademais dos de Vilanova, Catoira e Mondoñedo), teñen as mesma ofertas. No de Vimianzo entrará en vigor en breve.

Comentarios