Imprimir

O alumnado do CEIP Eugenio López recupera as Fontes e Lavadoiros de Cee cun mapa interactivo e vídeos descriptivos

que pasa na costa | 25 de maio de 2019

Impresionante o Mapa interactivo coas Fontes e Lavadoiros do Concello de Cee que vén de facer o alumnado do de 5º B de Educación Primaria do CEIP Eugenio López. Da man do seu mestre Jacobo Trillo, están completando un verdadeiro proceso de posta en valor dun patrimonio tan singular como as fontes e lavadoiros públicos.

”É un traballo moi laborioso onde unimos texto e vídeo, e creamos un mapa xeolocalizando as fontes e lavadoiros para poder visitalas”, explícanos un Trillo absolutamente volcado con este proxecto, que ademais de invitar á rapazada a traballar cas novas tecnoloxías, failles ver a importancia do noso patrimonio arquitectónico, natural e etnográfico.

Ata 45 puntos teñen xeolocalizados no mapa, cada un con cadansúa descrición histórica, e cadanseu vídeo explicativo, no que é un dos alumnos o “presentador”. Todo, froito ademais dunha ardua investigación.

Este é un dos exemplos, a Fonte e lavadoiro de Xallas, un dos 45 puntos recollidos polo alumnado:

 

Máis información: Mapa interactivo coas Fontes e Lavadoiros do Concello de Cee.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/alumnado-do-ceip-eugenio-lopez-recupera-fontes-lavadoiros-cee-mapa-interactivo-videos-descriptivos/20190524124749110015.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA