Apararece un cadáver en Fisterra que pode ser o do "italiano"
20:44 08/09/10
Durante a tarde de onte martes 7 de setembro apareceu un novo cadáver na praia de Mar de Fóra en Fisterra. Apuntan que o corpo pode ser o do peregrino italiano que desaparecía o pasado 21 de agosto.
A Garda Civil recolleu o corpo en estado de descomposición, polo que non se puido cerciorar que se trataba do peregrino italiano.
Xa son varios os episodios tristes nestas semanas no concello de Fisterra. Se a comezos de mes un home falecía dunha parada cardíaca na Praia Langosteira, a semana pasada un catalán tamén perdía a vida nos cantís.
Iso si, os bañistas non temen a nada e malia a forte oleaxe que reina estes días na praia de Mar de Fóra, seguen bañándose.
Novas relacionadas
- 05-09-10: Unha nova morte nos cantís de Fisterra.
- 22-08-10: Un morto e un desaparecido nas praias da Costa esta fin de semana.
- 09-08-10: Morre un home na Praia Langosteira.
- A cara máis íntima do naufraxio: O Barito, unha morte predecible.
Fonte
- Redacción de QPC ( [email protected]).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.
|