Imprimir

Arrinca a 26ª edición do Ciclo de Teatro de Ponteceso centrada na muller

que pasa na costa | 30 de outubro de 2019

Elisa e Marcela, da Panadaría abre un Ciclo adicado á muller
Elisa e Marcela, da Panadaría abre un Ciclo adicado á muller

Ciclo Teatro PontecesoTempo de outono, tempo de teatro, como podedes comprobar na #AxendaCostadaMorte. E mentres algúns Concellos como Vimianzo ou Muros, apostan pola programación continua, outros fomentan a chegada de ciclos temporais ben interesantes. É o caso do XXVI Ciclo de Teatro de Ponteceso, que comeza este sábado 2 de novembro, e que ten á muller como unha das grandes protagonistas.

As compañías A Panadaría, Mofa&Befa, Talía Teatro, Malasombra e Señora Supina achegarannos as súas propostas para un público xuvenil e adulto.

As funcións celebraranse todos os sábados ás 22.30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas. A venda de entradas realízase xa na oficina de Tesourería, na Casa do Concello. O prezo é de 3,06€.

  • 2 de novembro: “Elisa e Marcela” – A Panadaría.
  • 9 de novembro: “Cinco mulleres que comen tortilla” – Señora Supina.
  • 16 de novembro: “Bernarda” – Malasombra Producións.
  • 23 de novembro: “Cranios privilexiados” – Mofa & Befa.
  • 30 de novembro: “Vida de cans” – Talía Teatro.

Ciclo de Teatro de Ponteceso 2019 1

Ciclo de Teatro de Ponteceso 2019 copia

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/arrinca-26a-edicion-do-ciclo-teatro-ponteceso-centrada-muller/20191030110028114501.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia