
Un dos monumentos máis emblemáticos da
Costa da Morte colle pulo. Así, as
Torres do Allo - un dos poucos pazos de Galicia abertos ao público - vén de abrirse tamén na rede cunha páxina web propia e cun perfil nas redes sociais máis usadas do momento (
Facebook e
Instagram). A web recolle toda a información que xira ao redor do monumento: historia,
horario de visitas, que hai no seu contorno, como chegar,... e ademais conta cun deseño
responsive, o que a fai adaptable á visualización a través dos dispositivos móbiles.
Ademais da dixitalización, as Torres do Allo reciben o verán cunha ampla
oferta de actividades dirixidas a todos os públicos. Dende este domingo, e durante todos os domingos de xullo e agosto, o grupo de teatro Os Quinquilláns ofrecerá unha
visita teatralizada polo interior e exterior do pazo a partir das 19:30 horas. Para os máis cativos ponse en marcha por primeira vez
"Os secretos ocultos nas Torres"; un xogo de pistas especial que terá lugar os días 15 e 29 de xullo e 12 e 26 de agosto ás 12:30 horas.
“Clásica nas Torres” presentará unha serie de concertos de música de violín interpretados por Kamo Petrosian, os días 14 e 21 de xullo e os 19 e 25 de agosto ás 20:30 horas. Novo tamén é o
I concurso de fotografía co móbil “Enfoques do Allo”, que ofrece unha bolsa de premios de 100, 75 e 50 euros para as fotos máis fermosas e cuxas bases poden consultarse na
páxina web oficial. O cine tomará as Torres o 22 de xullo coa proxeción da película galega
"A Esmorga" ás 22 horas, namentres que e o concerto de Xoán Curiel e Iris Grey o día 27 de agosto ás 20:30 horas pechará o ciclo de actividades de verán.
Horario de verán
Ata o 15 de setembro, as súas portas do pazo ábrense de luns a venres de 11 a 20 horas, mentras que as fins de semana amplian o seu horario ata as 21 horas. Ademais, ofrécese todos os días un servizo gratuito de visitas guiadas (ás 13 e ás 17 horas).
Dende fai un ano, o
concello de Zas -a través da concellería de Cultura encabezada por Manuel García Velo -
xestiona as visitas e a difusión das Torres do Allo.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte