Imprimir

As audioguías dos “Contos do Mar” recuperan a memoria dos lugares a través dos recordos das persoas

Redacción | 25 de xullo de 2020

Un día de recollida de historias arredor do proxecto Contos do Mar en Fisterra
Un día de recollida de historias arredor do proxecto Contos do Mar en Fisterra

Fermoso, moi fermoso o proxecto “Contos do Mar”, un proxecto participativo que quere poñer en valor o patrimonio inmaterial vinculado á cultura mariñeira. O proxecto, coordinado pola Confraría do Pindo para os Concellos de Carnota, Dumbría e Fisterra, conta co apoio do GALP4, e serve para recuperar a historia mariñeira sonora da comarca.

Despois de meses de traballo de colleita de información, de gravacións, de preparación das rutas… este xoves 30 de xullo terá lugar a presentación oficial ás 11:00h na aula de formación da confraría do Pindo.

Despois da recepción haberá un paseo polo Pindo coas audioguías ficcionadas, que a compañía teatral Chévere realizou para este proxecto. As audioguías ficcionadas supoñen unha ferramenta turística innovadora que se pode facer de forma individual, en parella ou en grupo, pero que permite manter a distancia social recomendable para adaptarse á nova normalidade, transmitindo así a idea de concello seguro ante a pandemia.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carnota/audioguias-contos-do-mar-recuperan-memoria-lugares-traves-recordos-das-persoas/20200725101355120860.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia