Imprimir

Os Bombeiros sufocan o incendio dun vehículo roubado na Fraga

Redacción | 02 de marzo de 2020

Este sábado, pasadas as 20:00h, os Bombeiros de Carballo trasdábanse ata o lugar da Fraga, na estrada de Vilaño, na Laracha, para sufocar o incendio dun vehículo en plena estrada.

Tiveron que proceder á extinción do vehículo que estaba a arder, mediante unha montaxe de unha liña de espuma de baixa expansión debido a un derrame do combustible do vehículo afectado. Segundo informou a Garda Civil, o vehículo poderia ser sustraido.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/a-laracha/bombeiros-sufocan-incendio-dun-vehiculo-roubado-fraga/20200302110526117992.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia