Imprimir

Chulín, o can secuestrado, volve a casa

que pasa na costa | 17 de xaneiro de 2011

Moitas cousas xa viron as veterinarias de Salvacadelos. Pero un can secuestrado... Pois así é a historia de Chulín, un pequeno can de Fisterra, que estivo varios días fóra de casa. Suponse que uns veciños da zona roubaron este pequeno e agarimoso yorkshire para revendelo, i é que a raza está moi demandada no mercado. A familia Álvarez pasou varios días sen durmir dende que o pasado martes, arredor das 18:30h da tarde, desaparecía Chulín. Ao final, esta mesma fin de semana, foron neceszarios 150€ para devolvelo ao seu fogar. E gracias que o can non fóra vendido xa noutras zonas da bisbarra por un prezo maior... Segundo nos conta o noso colaborador Xusto Gómez, nos últimos meses hai unha especie de nova "moda" de roubar yorkshires, unha raza moi demandada, para vendelos e sacar cartos. Ademais, os "cacos" tentan aproveitarse de casas onde vive xente maior, sempre menos atrevida á hora de denunciar. De feito, este foi roubado dende dentro do portal da casa familiar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/fisterra/chulin-o-can-secuestrado-volve-a-casa/20110117090535066819.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA