Venres. 19.04.2024
El tiempo

Coñecendo as lendas históricas do Monte Pindo con Barreiro Barral

Coñecendo as lendas históricas do Monte Pindo con Barreiro Barral

Daniel Vázquez Caamaño, mozo do Ézaro, como ben reflicte o seu blog ouesaro.com, logo dun longo proceso de tradución, achéganos as escrituras de D. Xosé Barreiro Barral sobre o monte Pindo.

Coñecendo o noso pasado da man de Daniel Vázquez Caamaño

Coa intención de coñecer un pouco máis da historia do noso pasado, gustaríame amosar unha parte dun libro que escribiu D. Xosé Barreiro Barral, contando feitos que el mesmo explorou, que fan referencia a unha parte da nosa costa que tende a identificarnos, o Monte Pindo e os seus arredores, concretamente as inscripcions medievais e o suposto castelo que nunca existiu no monte Peñafiel:

“Coa entrada dos Suevos en Galicia a comezos do seculo V na loita cos romanos para botalos desta terra, había de trastocarse todo canto había aquí montado. A xente non sabía que sistema relixioso practicar, si volver ó monoteísmo dos seus antepasados os celtas, si continuar co paganismo romano, ou si terían que profesar no arrianismo. É posible que mentres non se aclarase a cuestión relixiosa, volveran a practicarse na ara de Peñafiel (había moitos indicios que aseguraban que era unha das tres Aras Sestianas que según Plinio foran erixidas na terra dos Celtas Supertamáricos, profanadas por Lucio Sestio) ritos ancestrais por algíns crentes dos mesmos, ata que o arrianismo se impuxo, pois si ben a igrexa católica estaba xa establecida no territorio galego desde facia polo menos un par de séculos, na algarada Sueva sufriu tal descalabro que tardou moitos anos en refacerse.

En calquera caso, si a ara de Peñafiel chegou a ter entón algún protagonismo, debeu ser de curta duración, a lo menos no sentido relixioso. Sen embargo, no sentido de feudo tanto Peñafiel como todo o Monte Pindo tivo un sinalado protagonismo na Idade Media a partir do seculo X no que foron levantadas as fortalezas de Sant Jiurgium e Canetum entre os anos 940 e 950 sendo Rey de Galicia e León, Ramiro II e obispo de Iria, Sisnando II. Aquelas fortalezas foron construídas para a vixilancia das costas e alertar ós pobos para que non foran sorprendidos polos piratas normandos ou turcos, e mais propiamente para evitar todo risco de profanación e saqueo da Tumba de Compostela, acabarían por ocasionar serios problemas entre os Monarcas, Obispos e Nobres coas consecuencias máis desastrosas para o pobo traballador.

Nos primeiros anos do século XII, a fortaleza do Pindo chamada de Sant Jiurgium e emplazada nun agudo collado do flanco occidental deste monte chamado a día de hoxe “O Pedrullo”, estaba no poder de Rodrigo Pérez de Traba. Este “cabaleiro” converteu aquela fortaleza nunha madrigueira de malfeitores onde se fraguaban plans terroristas atentatorios contra persoas, facendas e contra o honor. Os seus hóspedes eran reclutados entre delincuentes mais ou menos refinados, e os seus “golpes” tanto se facían de noite como a pleno día, hasta que chegou unha ocasión na que escendendose demasiado, foron condenados á pena mais temible naqueles tempos: a excomuñón. Un mal día, os “cabaleiros” de Rodrigo Pérez de Traba co seu caudillo ó frente, topáronse co arcediano de Trastámara don Arias Muñiz, ó que apalearon, roubándolle todo canto levaba enriza, incluso a mula que montaba, e finalmente levárono prisioneiro ós dominios dos de Traba.

Cando chegou a noticia a Santiago, o arzobispo Xelmírez ordeou que as campás da cidade tocasen a dor, e na catedral se celebrasen oficios de Semana Santa como sinal de condolencia da Igrexa por aquel acto de intolerable agresión contra ela e na persoa do arcediano de Trastámara. Inmediatamente foi requerido o de Traba a que se personase ante o prelado, e este recriminouno moi severamente polo acto cometido contra un dos seus representrantes para o cal esixiu a sua inmediata liberación e resarcemento de canto lle habian quitado, ou corría o risco de ser excomulgado. O de Traba, entre reverencias e xestos de profundo sentimento polo sucedido e hipocritamente humillado ante o Arzobispo, prometeulle que en canto chegase ó seu castelo do Pindo daría liberdade ó prisioneiro e lle devolverian canto lle habian quitado “sen o seu consentimento”; pero ao abandonar o palacio arzobispal, o de Traba olvidouse do prometido, e o arcediano segueu encerrado no monte do Pindo.

O temperamento de Xelmírez non poido soportar aquela burla por incumplimento do prometido por Rodrigo Pérez de Traba e despois de comunicarlle que quedaba excomulgado, mandou que nos dominios do desobediente se grabase a perpetuidade aquel decreto de excomuñón na dura pedra de Peñafiel, onde ao parecer estaba prisioneiro o arcediano. O de Traba, ao saberse excomulgado, foi novamente a Compostela para presentarse ante Xelmírez e ofrecerlle a homenaxe do seu máis humilde sometemento e servidume, pero que se dignase a levantarlle a excomunión e, en obsequio de tal xenerosidade, o de Traba fixo donación da Torre de Hércules da Coruña á igrexa do apostol, segundo consta en “La Compostelana”, e o prelado levantou a excomunión, pero xa quedaba grabada na dura pedra do monte Pindo, deixando que a erosión e os séculos se encargaran de borrala.

É a famosa inscripción do monte Peñafiel que moitos vimos, copiamos e estudamos, e que tanta confusión e polémica ocasionou. Polas diversas explicacións que cada un lle daba, levantábanse ou derribábanse castelos que alí nunca existiron, e algún chegou a supoñer que aquela excomunión recaiu sobre aquel lugar, por practicar alí cultos pagáns cando xa a igrexa exercia un absoluto poder en España.

Pola nosa parte non foron poucas as polémicas sostidas cos que crían da existencia dun castelo naquel collado ata que os Irmandiños o derribaran, tese que rebatimos en diferentes ocasiíns por medio de artículos na prensa. Cando en 1932 a copiamos por vez primeira, xa estaban bastante deterioradas miotas das letras, polo que tivemos que facer escaladas a distintas horas para axudarnos das diferentes posicions do sol a fin de lograr unha copia o mais exacta posible. As nosas primeiras copias foron manuscritas, ata que máis tarde as fixemos fotográficas coa cámara de Ramon Sobrino Lorenzo-Ruza, e ultimamente a cámara de Pedro Marfany Vilarassau obtivo novas copias, non sin bastantes dificultades dado o seu estado de erosión.

Aquela inscripción dicía (di): Ao principio da primeira liña notamos indicios de letras ou posiblemente outros signos que xa entón resultaron irreconstruíbles, e para indicar algo que non poidemos captar poñemos os tres puntos, recoñecendo que a nosa copia non está completa.

Inscricions na Igrexa do Monte Pino

Ao obter a nosa copia traballamos para traducila coa posible exactitude que desexamos, e obtivemos o seguinte resultado: REIS OBISPOS PRESTIBEROS TODOS POR PODERES RECIBIDOS DE DEUS EXCOMULGARON AQUÍ ESE CASTELO.

Máis tarde, e considerando que a nosa preparación non era o suficientemente apta para estas cuestións, mandamos unha copia fotografica á facultade correspondente, e examinada por epigrafistas e paleógrafos deron a mesma traducción, si ben con certas dudas na palabra EXCOMUNI-CAVERI que ao parecer indicaba complicacións por tratarse dun latín moi basto. Dende logo, nos tamén opinamos que o que escribiu a inscripción do monte Peñafiel do Pindo non deixou testimonio de ser medianamente hábil para tales cometidos.

Ao ser datada aquela inscripción por epigrafistas de toda solvencia como pertencente aos séculos do X ao XI, procuramos atopar en textos daquela época algunha noticia que podera ter relación coas motivacións daquel anatema, ata que pasado un tempo e traballo encontramos en “LA COMPOSTELANA” un artigo de D. Antonio López Ferreiro que segundo documentación do Arquito catedralicio de Santiago, relataba o atentado contra o arcediano de Trastámara gobernando a Igrexa Compostelana D. Diego Xelmírez, que foi o que decretou a excomunión contra Rodrigo Pérez de Traba e os seus “cabaleiros”, o que nos valeu para relacionar a inscripción de Peñafiel con aquel acontecemento ocorrido a principios do século XII.

Hoxe cremos que as motivacións daquela inscripción, e a inexistencia en ningún tempo de castelo ou fortaleza no monte Peñafiel do Pindo, está perfectamente aclarado pese ás fortes posicions en sentido contrario de alguns historiadores de relevante categoría científica.”

  • Libro: Los Montes del Pindo Olimpo Celta y Desierto de Piedra; Capítulo IV; Autor: D. Xosé Barreiro Barral, estudoso do macizo do Pindo.
  • Tradución e análise de Daniel Vázquez Caamaño.

Comentarios