Imprimir

“A Costa da Mulleres”, o proxecto audiovisual para contar a nosa historia a través da vida de 8 bravas

que pasa na costa | 06 de setembro de 2019

Reunión en Vimianzo para ir perfilando ás 8 protagonistas destas curtas
Reunión en Vimianzo para ir perfilando ás 8 protagonistas destas curtas
“A Costa da Mulleres”, o proxecto audiovisual para contar a nosa historia a través da vida de 8 bravas

Vvsibilizar e crear conciencia sobre o protagonismo que teñen nas nosas vidas as mulleres da Costa da Morte, é o obxectivo principal do novo proxecto impulsado polo GDR Costa da Morte. “A Costa das Mulleres” é unha campaña audiovisual de sensibilización consistirá na realización e difusión de 8 pezas audiovisuais de curta duración nas que as protagonistas serán oito mulleres da bisbarra.

Para a selección das mesmas as responsables municipais dos concellos participantes tiveron este pasado mércores unha xuntanza na que comezar a coordinarse e a seleccionar as historias de vida das mulleres que formarán parte desta campaña.

O proxecto nace cunha axuda concedida aos GDRs por Agader para actividades de igualdade e loita contra a violencia xénero.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/costa-da-mulleres-proxecto-audiovisual-contar-nosa-historia-traves-da-vida-8-bravas/20190906073954112764.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia