Imprimir

“O Curso de RCP debería ser obrigatorio para todo o mundo. Podes salvar vidas con poucas de aprendizaxe”

Ubaldo QPC | 13 de xaneiro de 2021

Alumnas do curso de RCP en Muros
Alumnas do curso de RCP en Muros

Volveu armar Arturo Olveira, como fixera en 2019, organizar un Curso de Reanimación Cardiopulmonar e Primeiros Auxilios. O formador do Plan Nacional de RCP, coa colaboración da sempre activa Sala Nasmo, conseguiu desenvolver unha nova sesión destes cursos en plena pandemia, e cubrindo todas as prazas.

Este curso de Desfibrilación Externa Automática útil, tanto para a vida persoal, como a profesional, e deportiva, e mesmo algún [email protected] [email protected] destacou que “debería ser obrigatorio para todo o mundo”.

Arturo Olveira impartindo o Curso de RCP na Sala Nasmo de Muros
Arturo Olveira impartindo o Curso de RCP na Sala Nasmo de Muros

”É unha aprendizaxe moi interesante que se pode realizar nunhas poucas horas e os beneficios son importantes para poder axudar e salvar vidas dos que nos rodean”, explica Olveira. De feito, considera que “todos deberiamos ter a oportunidade de poder realizar, xa que aínda que nos últimos días se fixeron dous cursos a verdade e que quedou moita xente sen praza e que estaba moi interesada”, explica.

Ante esta situación invita “ás administracións locais a que deben extender estas actividades a toda a xente posible ou que traballe en centros onde se acumule certo número de persoas, é moi fácil poder axudar á xente cando sufre un percance se todos temos os mínimos coñecementos; por iso, insisto en que e moi importante saber como facer unha reanimación para poder axudar aos nosos amigos, compañeiros, familia.... ou simplemente salvar a vida dun igual”.

Olveira valora o cumplimento de “todas as medidas de seguridade as que nos obriga o estado de alarma nos que nos atopamos debido a pandemia da COVID”, soamente dicir, que Un curos útil para a vida diaria e para a vida.

 

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muros/curso-rcp-deberia-ser-obrigatorio-todo-mundo-podes-salvar-vidas-poucas-aprendizaxe/20210113094337124374.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia