Imprimir

De Muxía a Cee para ver o pediatra

que pasa na costa | 15 de novembro de 2018

Nais e pais afectados polos recortes en pediatria en Muxia copia Nais e pais afectados polos recortes en pediatria en Muxías onte ás portas do Centro de Saúde Onte coñecíamos a problemática concreta dunha desas activas famiilias que están loitando por un servizo público de pediatría digno en Zas. De Zas ata a Ponte do Porto tívose que trasladar un pai coa súa filla para ver ao especialista. Hoxe comprobamos que non é unha cousa allea. Que boa parte da poboación da Costa da Morte tamén sofre estes recortes en sanidade pública. Unha cousa tan habitual como as vacacións dun profesional convírtense nun vía crucis para as familias. Ademais, cunha carambola de por medio. Resulta que o pediatra de Cee (que xa afrontaron unha loita semellante en 2014) colle vacacións, e para suplilo, a Área de Xestión integrada da Coruña envía ao profesional de Muxía a cubrir a baixa. Resultado: Muxía queda sen servizo, e toda a rapazada da vila da Barca ten que desprazarse ata Cee. Serán 20 días sen pediatra, e despois tocaranlle outros tantos días de vacacións ao pediatra muxián… E aí si que parece que non vai haber substituto. Durante estes días, como sinala unha das nais afectadas, “o médico de cabeceira non nos atende”, a pesar de ter obrigación, “e nos manda a Cee, por iso queremos reclamar”. Unha situación que obriga ás familias a organizarnos, porque temen ademais que o resultado sexa un servizo de apenas 3 días á semana. Xa teñen realizado varios contactos coa avogada do Concello muxián, que lles aconselleu facer cada familia cadansúa reclamación no centro de saúde. Ademais, hoxe mesmo manteñen a primeira reunión “oficial” co concello, pero xa contan ao 100% co seu apoio, como acontece en Zas.

Primeira mobilización, este venres

Se ben esta pasada tarde de mércores xa se xuntaron uns cantos pais e nais afectados para botar a primeira foto, a primeira gran mobilización está formulada para este venres 16 de novembro, a partir das 10:00h diante do Centro de Saúde. Parece que a sociedade comeza a cansar destes eternos recortes nos servizos públicos e comeza a funcionar o efecto chamada. De feito, temos constancia de que a coordinadora da plataforma zaseira xa se ten posto en contacto con estas familias afectadas de Muxía para colaborar e asesorar nestes primeiros pasos da loita. Por iso… que se o que fan nunha vila serve para mobilizar a outras, que a cadea continúe e que a queixa chegue a protesta tan lonxe como merece.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/de-zas-a-ponte-do-porto-para-ver-ao-pediatra/ https://quepasanacosta.gal/queremos-pensar-que-se-conseguimos-recuperar-o-pediatra-en-zas-estamos-axudando-a-outros-lugares-que-tenan-o-mesmo-problema/ https://quepasanacosta.gal/por-un-segundo-pediatra-para-cee-e-corcubion/
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muxia/de-muxia-a-cee-para-ver-o-pediatra/20181115063046089737.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA