Venres. 26.04.2024
El tiempo

Denuncian que un bus de Fisterra non para en Cee prevalecendo o carto do peregrino

Denuncian que un bus de Fisterra non para en Cee prevalecendo o carto do peregrino
Estación de buses de Fisterra

Recibimos unha chamada o pasado xoves ben simbólica. A nosa loita polo servizo de transporte público da Costa da Morte continúa e hoxe facemos pública a queixa dunha veciña de Fisterra. Ana Lourido cóntanos como o seu fillo non puido ir varios días a tempo ao instituto de Cee porque ao condutor de Monbús non lle saíu a conta.

I é que segundo sinala, "se hai moitos peregrinos que volvan a Santiago, Monbús decide non parar en Cee e seguir dirección Santiago". Así o sinala Ana, que denuncia que "prevalece o carto do peregrino que as necesidades dos veciños".

Ana chamou á empresa e lle dixeron que saía un bus de reforzo de contado... ás 11:00h da mañá... "O meu fillo chegaría con 3 horas de retraso ao instituto"... bromeaba Ana.

Un problema que non só atinxe aos alumnos fisterráns, senón que os traballadores que utilizan o transporte público tamén se ven claramente perxudicados. "Á xente que ten que entrar a traballar non lle queda outra que pagar un taxi por 12€".

Seguimos cara atrás na loita por un servizo de transporte colectivo digno na Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios