Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Deporte e saúde con Dafit: Invadindo o Conco

Deporte e saúde con Dafit: Invadindo o Conco
Deporte-no-Conco-con-Dafit Boas, moi boas para DaFit!! Aproveitando que a pasada semana anunciamos o novo proxecto en conxunto co concello de Dumbría, onde impartiremos as actividades dirixidas nas súas instalacións deportivas do Conco, pensamos que sería interesante explicar en que consisten e que beneficios aportan. Existen moitos tipos, dende as máis innovadoras as máis tradicionais, pero principalmente trátase de actividades nas que se debe seguir as ordes que da o/a monitor/a e cunha duración de entre 45 e 60 minutos que se estrutura en tres partes: Quecemento, parte principal (execución de exercicios) e volta a calma (enfriamento ou estiramentos) e onde a Música, Instrución (monitor/a) o Equipo (grupo de persoas) marcan a diferenza. Dafit no Conco Pódense clasificar de diferentes formas, a continuación,mencionaremos as que abarcamos nós (DaFIT) e definiremos aquelas as actividades coas que comezaremos, proximamente, en Dumbría:

Acondicionamento físico en grupo con soporte musical:

  • Zumba, Cardio Kick Box, Aerobic e Step, Ciclo Indoor, Ritmos latinos, Tonificación dirixida, etc.
  • BodyPump: Unha actividade moi completa, onde ordeadamente, se traballan os principais grupos musculares guiados a través da música, mellorando así a resistencia muscular e favorecendo a tonificación. Emprégase unha barra con discos, mancuernas e un step.

Acondicionamento físico en sala de adestramento polivalente:

  • Adestramento en suspensión(TRX), adestramento funcional, etc.
  • CircuitTrainning: Actividade de intensidade variable e adaptable ó nivel de forma física, onde se realizan exercicios aeróbicos e de tonificación en forma de circuíto e por estacións, utilizando períodos de traballo e de recuperación curtos e específicos. Baséase no desenvolvemento funcional de diferentes capacidades físicas ( forza, resistencia, coordinación, axilidade, equilibrio ou flexibilidade) conseguindo un acondicionamento físico integral. Emprégase diverso material funcional, destacando: balóns medicinais, TRX, bosu, etc,.
  • CrossForceTrainning: é unha modalidade de adestramento, similar a actividade anterior que combina diferentes elementos para conseguir o bo estado físico da persoa,ben sexa cardiovascular, niveles de forza ou outros. A principal diferenza quizais sexa: a carga coa que se executan os exercicios e a forma de organizar o adestramento, xa que en este caso guiase o traballo en obxectivos a alcanzar (WOD).
  • Corpo e Mente:
  • Pilates: Permite estabilizar a figura e evitar problemas de espalda entre outros beneficios, a través dunha secuencia fluída de movementos, con repeticións e cunha coordinada respiración. Conséguese o máximo rendemento ó organismo cun mínimo estrés para el, polo que os beneficios son tanto físicos e psíquicos.

Contacto:

  • KickBoxing: Deporte de contacto que combina patadas e golpes, basease nun sistema regulado que permite a práctica sen risco de lesións graves. É unha actividade considerada, en case a súa totalidade anaeróbica, polo desgaste de enerxía tan grande e en períodos moi curtos , o que non permite alcanzar a fase aeróbica . Como en todos os deportes , existen beneficios pola súa práctica , como poden ser: - Axuda a aumentar a forza e definición muscular. - Mellora a resistencia cardio-pulmonar. - Perfecciona a coordinación. - Libera tensión, principalmente, estrés. - Aumenta a autoestima. - Ensina unha técnica moi eficaz de autodefensa.

Formadores FEDA

Somos formadores FEDA na zona da Costa da Morte, impartimos a formación correspondente a estas actividades dirixidas que mencionamos, para a obtención da certificación da Federación Española De Aerobic y Fitness. Sen dúbida calquera actividade das que mencionamos é apta para o público en xeral, destacamos que é moi importante a adaptación de cada unha delas en función das características do grupo. Poderíamos nun só artigo definir cada unha das actividades mencionadas, pero para non estendernos invitámosvos ó Conco a que probedes e vexades en que consiste cada actividade ;) Ata a próxima!  

Sesións con Dafit

Máis información

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios