Imprimir

Devolven ao mar 50 kilos de centola ovada atopados nas rochas de Touriñán

que pasa na costa | 23 de maio de 2020

Centola ovada comisada en Muxía
Centola ovada comisada en Muxía

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia veén de facer outra acción contra o furtivismo na comarca ao requisaren 47,5 quilos de centola e os catro sacos de rede que contiñan esta especie nun control realizado a comezos desta semana na zona do cabo Touriñán, no concello de Muxía.

A mercadoría, que foi atopada entre as rochas, estaba sen identificar e a maioría dos exemplares estaban ovados, polo que o produto foi devolto ao mar na zona pois, tal e como establece a Lei de Pesca de Galicia, a captura de especies ovadas ou de talle ou peso inferior ao establecido non está permitida.

Ante esta situación A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e
comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún
tipo de control que o avale. Por iso pide aos consumidores que non merquen produto fóra
das canles legais de comercialización.

20200523 comiso centola tourinan 220200523 comiso centola tourinan

Accións contra o furtivismo en corentena

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muxia/devolven-ao-mar-50-kilos-centola-ovada-atopados-nas-rochas-tourinan/20200523104314119589.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia