Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Elenita, a heroína antifranquista de Santa Comba

Elenita, a heroína antifranquista de Santa Comba
Elenita Suarez Suarez Heroina antifranquista de Santa Comba Elenita Suárez Suárez, a Heroína antifranquista de Santa Comba

Menuda historia a que recuperamos gracias á colaboración de José María Suárez. Coñecida como Elenita, como a muller de Alfredito ou como a tía Elena entre os seus achegados. Elena Suárez Suárez foi unha importante activista antifranquista, mestra de Freixeiro (Santa Comba) ata que lle retiraron o título por colaborar cos republicanos. Foi sentenciada para fusilamento, do cal se salvou por ser súbdita Arxentina e coñeceu numerosas cárceres españolas, incluido o penal femenino de Saturrarán (Guipúzcoa) un dos máis duros centros de reclusión franquista no que morreron 107 reclusas e 48 nenos polos malos tratos, a inanición e as enfermidades, e onde incluso se fixo desaparecer a un centenar deles, arrebatándollos as súas nais, según as testemuñas e documentos aportados ó xuiz Baltasar Garzón.

A súa historia

Alfredito esposo de Elenita Suarez de Santa Comba Alfredito, esposo de Elenita

Naceu en 1915 (?), e fíxoo, como moitos outros fillos de emigrantes, en Avellaneda-Arxentina, pero con pouco máis de 10 anos regresou a Santa Comba, onde pasou a súa infancia ata que foi a formarse como mestra a Santiago de Compostela.

Na capital de Galicia comezou a relacionarse co máis granado da cultura e da sociedade. Alí coñeceu o home do que só a separou a morte e a represión franquista, Alfredo Caamaño Pato “Alfredito”. A partir deste intre, a vida de Elenita non se entende sin a de Alfredito, nin a deste sin a de Elenita.

Alfredito pertencía a familia dos Caamaños de Negreira, a máis importante da bisbarra veciña desde ó século XIX. Unha familia de talante liberal e culto que estaba emparentada cos señores do Pazo do Cotón que detentaban o poder político e administrativo durante o período da Restauración monárquica. De feito, Manuel Caamaño Ferreiro ocupou a Alcaldía de Negreira por un largo período no primeiro tercio do século XX, ó mesmo tempo que os seus familiares desempeñaban os cargos máis importantes no ámbito local da Xudicatura, salvo no período da Dictadura de Primo de Rivera.

Alfredito, xoven avogado fillo de Alfredo Caamaño Ferreiro, destacou pronto polos seus ideais democráticos, presidindo a Izquierda Republicana de Negreira, o partido político de Manuel Azaña. A actividade do mesmo, composto por varios centos de xoves, limitábase a participar nas manifestacións do 1º de Maio e do 14 de abril, data da proclamación da Segunda República. Pero, desde un principio, sempre foi a súa xoven muller, Elena Suárez Suárez, Elenita ou Tía Elena, como a coñecen na súa familia de Santa Comba; a que encabezaba sempre tódalas actividades públicas da agrupación local.

Xullo de 1936: a Guerra Civil

Co novo golpe militar do 18 de xullo de 1936, desencadeouse a Guerra Civil e unha cruel e sanguinaria represión: “Se tendrá en cuenta que la acción ha de ser en extremo violenta para reducir lo antes posible a un enemigo fuerte y bien organizado. Desde luego serán encarcelados todos los directivos de partidos políticos, sociedades o sindicatos desafectos al Movimiento, aplicándose castigos ejemplares a dichos individuos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelga” proclamaba o Xeneral Mola.

Con este panorama, Elenita e o seu home non se amedrentaron e en Negreira, ó igual que na maioría dos pobos e cidades, seguindo as indicacións do Goberno Civil, formaron de inmediato o Comité de Defensa da República, que eles dous dirixían (aínda que oficialmente era presidido por Alfredito). Tiñan o propósito de armarse, aínda que para elo tiveran que asaltar as armerías do pobo. Ante tal amenaza, o Alcalde D. Victoriano Fabeiro acorda, cos armeiros da vila, trasladar á súa casa tódalas armas para evitar que as levasen os revolucionarios. Pero apenas entraron as armas en cuestión na casa de D. Victoriano o día 19, un grupo, instigado pola Izquierda Republicana de Elenita e Alfredito; preséntase ó Alcalde, e del esixelle que a mercadoría fose depositada no Concello e, ó día seguinte, comunícanlle a súa destitución e cese na alcaldía, que pasa a desempeñar Alfredito.

Unha das primeiras medidas do novo Alcalde foi incautarse de telégrafos e teléfonos, nas oficinas dos cales coloca gardas vermellos que defendesen o local, e controlasen os despachos e ordea a requisa de armas que se leva a gran escala por casi tódalas parroquias dos municipios de Negreira, A Baña, Sta. Comba, Ames e Brión.

Alfredito da orde para a recluta de milicianos, que chega ós lugares máis apartados, e, a cada momento, aparecen escopeteiros que van engrosando o número de forzas vermellas. Boa parte deles (uns 300), saen o día 20 en expedición cara Santiago de Compostela para colaborar na defensa da cidade, sendo despedidos co llanto de non poucas mulleres.

Na madrugada do día 21, conseguen outra segunda remesa de xente armada, que xa non chegou a entrar na cidade de Santiago, pois as tropas xa estaban na rúa.

Aínda coa nova de que "todo se había perdido", Elenita e Alfredito non deixaron o Comité, as riendas da gobernación do pobo e a movilización dos veciños e concellos do entorno. Así, ordean o día 22 que sexan cortadas as comunicacións telegráficas con Santiago; e as turbas, cedendo as incitacións de Alfredito, asaltan, seguindo a éste e a Elenita a súa muller, a Casa do Concello, na que se apoderan de tódalas armas que alí había depositadas. Na propia sala de sesións, que intres antes invadiran, acordan que era necesario voar as pontes que daban acceso á vila, a capela do Cotón e, alomenos, cinco casas; entre elas, a do destituido alcalde D. Victoriano Fabeiro.

O sábado 25, entéranse os revolucionarios de que, a Ames, chegaran as forzas de Artillería e procuraron borrar na súa fuxida, tódolos elementos de proba que poideran empregarse contra eles como documentos, armas, dinamita e otras cousas similares.

Pero o domingo día 26 de xullo, oito días despois do golpe, as tropas golpistas comenzan a represión contra tódalas persoas consideradas desafectas, e, con especial saña contra Elenita, Alfredo e os membros de esquerda da familia Caamaño. Alfredo, o seu irmán Manolo, os seus primos Pepe e Chucho, tiveron que refuxiarse, ó igual que o resto das persoas de ideoloxía republicana ou esquerdista, en domicilios de amigos. Pero as detencións seguiron, así como as torturas, malleiras e fusilamentos.

A dura postguerra

Antes de rematar o ano, xa foran asasinados catro membros dos Caamaños, e Alfredito, co seu irmán Manuel, e coa axuda de coñecidos e da familia xalleira de Elenita, logran chegar á zona republicana a través de Portugal, nun dobre fondo dun camión, e de alí a Francia nas bodegas dun barco conserveiro. Segundo datos dos movementos migratorios iberoamericanos, dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Alfredo Caamaño Pato entrou na Republica Dominicana o 19 de decembro de 1939 no buque “De la Salle” procedente do porto de Burdeos (La Gironde-Francia) canto contaba con 43 anos.

Pero, en tanto, vénganse coa súa esposa Elenita, encarcelada en Negreira, cos seus cinco fillos (Alfredo, Matilde, Sirio, Violeta e Iván, o máis pequeño, con tan só un ano) repartidos polas casas da súa familia. Elenita foi condenada a oito anos de prisión e recluída no cárcere da Coruña, unha das moitas nas que estivo presa, como a de Santiago de Compostela, Burgos ou Guipúzcoa.

E a dura cárcere de Saturrarán

A historiadora Aurora Marco nas memorias de María Teresa Alvajar, relata a súa estancia no cárcere da Coruña e di: “…me preguntaban entre esperanzadas y temerosas por sus maridos. Dio la casualidad que al marido de Elenita, esposa de un juez o magistrado, yo lo había tratado mucho en Barcelona, así que pude hablarle de él. Elenita lloraba emocionada. Era una mujer muy guapa, con el pelo negro y muy ensortijado y unos hermosos ojos azules… luego fue enviada a un penal.”

O penal femenino de Saturrarán (Guipúzcoa) onde a enviaron, era un centro de reclusión franquista dos máis duros; nel morreron 107 reclusas e 48 nenos polos malos tratos, a inanición e as enfermidades, e incluso, se fixo desaparecer a un centenar deles, arrebatándollos as súas nais, según as testemuñas e documentos aportados o xuíz Baltasar Garzón.

A súa nai, que vivía na coñecida como Casa de Raso no Campo da Feira de Santa Comba e o seu irmán José (Raso) non escatimaron esforzos para salvarlle a vida, sendo coñecedores que estaba sentenciada para fusilamento. Sábese que a súa nai desplazouse a Burgos a entablar negociacións con cónsules e embaixadores moi próximos a Franco, e así evitar un fusilamento que finalmente non se produciría ó descubrir o réxime que Elenita, a efectos legais, aínda era súbdita Arxentina.

Durante todo o conflicto Elenita tivo numerosas entradas e saídas do cárcere que agora non é posible precisar, xa que nunca renunciou no seu empeño liberal, democrático e de apoio os represaliados. Aínda que as súas actividades, e colaborando co seu home en Venezuela, centrábanse principalmente en sacar do país a xente perseguida polo réxime.

Aínda así, activa dende Santa Comba

Sábese que organizaba en Santa Comba diversas accións de apoio o activismo antifranquista coa colaboración de José Lois e comprando o silencio de Gardas Civís como o pai de Merceditas de Rafael para que non a delataran. Pero estaba moi controlada, e unha noite foi detida levantándoa da cama as cinco da mañá por un pelotón de Gardas Civís que rodeaban a Casa da Croca, dirixidos por un mando militar especialista en guerrilla urbana desprazado expresamente desde León.

Durante un tempo exerceu de mestra na Escola de Freixeiro, precisamente no mesmo lugar de traballo onde se produciu unha das súas numerosas detencións. Nesta ocasión foi desposeída, por orde de Franco e, sen dúbida, pola influencia da Iglesia Católica, que se negaba a perder o monopolio que viña exercendo sobre o ensino; do título de mestra que se gañara pola súa sapiencia e bo facer na Universidade Compostelana.

De Venezuela a Santa Comba

Alfredo, Elena con su  hijo Sirio 1 Alfredo e Elena co seu fillo Sirio

Ó rematar a Guerra Civil, e despois de tantos anos de sufrimento, a Tía Elena logrou desprazarse a Venezuela, onde o seu home chegara exiliado, vía porto de Burdeos (La Gironde-Francia) e Santo Domingo. Alí, en Caracas, non se reuniu só con Alfredito senón tamén cos seus fillos.

En 1954 puido o matrimonio facer unha breve visita a Santa Comba e Negreira para ver ós seus familiares e amigos e regresar novamente a Venezuela donde xa estaban establecidos.

A comezos dos anos 70, comenzou a visitar España con regularidade e, despois da morte de Franco e coa instauración da democracia, en canto puido regresou a España. Durante parte das décadas dos 80 e 90 alternou a súa residencia na rúa Miraflores, coas súas irmáns Sara e María na Casa da Croca, e co seu irmán José, o coñecido Raso, na casa do mesmo nome no campo da Feira, tamén na rúa Miraflores. Finalmente morreu en Venezuela onde facían vida a práctica totalidade dos seus fillos e netos, moitos dos cales viñeran a Santa Comba con anterioridade a coñecer a súa familia.

Non debeu ser pequeno o papel do tándem Elenita-Alfredito, non só a nivel galego, senón incluso nacional cando, fai uns anos, nunha exposición no Kiosco Alfonso da Coruña sobre o exilio español, nunha homenaxe a tantos e tantos ciudadáns que foron obrigados a deixar a súa terra para protexer a súa vida, alí nunha das paredes con grandes caracteres facíase referencia ós personaxes de Elenita e Alfredito, ó lado doutros intelectuais e académicos que escaparon da brutalidade represora como Castelao, Luis Seoane, Rafael Alberti, Antonio Machado, Pablo Picasso ou Pau Casals; un exército de ilustres que pasaron a nutrir as universidades e o mundo da cultura nos países de acollida, onde amosaron que outra España sí era posible. Aínda que é xusto dicir que, como consecuencia da barbarie fascista que asolou os campos e cidades de España a partir da sublevación militar de 1936, tiveron que escapar máis de 500.000 persoas.

Así con valentía, carraxe, coraxe e firmeza de ideas, Elenita foi admirada por centos de mulleres como unha auténtica heroína dentro dun largo e convulso pasaxe pola historia de España. Aínda hoxendía Elenita e Alfredito seguen presentes nas conversas silenciosas en centos de casas de familias xalleiras e barcaleseiras.

 

Outras ligazóns de interese

Novas relacionadas

Fonte

que foi alcalde de Negreira (é maestro) nos 80 e principios os 90. Ahora non hai nada pero parte da historia que vai na biografía é da súia investigación e tiñaa publicada nesta web. Na dereita él segue mantendo a súa foto https://es.wikipedia.org/wiki/Saturrarán_%28Playa%29

Comentarios