Imprimir

Empresarios e CMAT propoñen aumentar a zona de mergullo da WAOH Ruote

que pasa na costa | 30 de abril de 2018

Reunion Waoh route en Fisterra Reunion Waoh route en Fisterra

Hai pouco denunciabamos que a ruta internacional de mergullo WAOH apenas incluía a ría de Corcubión entre os seus destinos, esquecendo zonas fantástica da nosa comarca. As empresas de mergullo e turismo naútico que operan na zona alzaron a voz e o pasado venres a organización do Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (WAOH! Route), achegouse ata Fisterra para manter unha xuntanza con todo o sector.

Convocada polo CMAT, acodiron os empresarios así como distintos representantes da Administración, os alcaldes de Laxe e Fisterra e a tenente alcalde de Corcubión e distintas asociacións da Costa da Morte. A idea da CMAT é ampliar a zona da ría de Corcubión (unha das 3 de Galicia escollidas por Turismo de Galicia, pero insuficiente para o especialistas) a todo o xeodestino da Costa da Morte, buscando tres enclaves referenciales para a realización de actividades naúticas e de mergullo.

O encontro serviu para unificar criterios e posturas entorno ao desenvolvemento do turismo naútico e de mergullo e a participación como xeodestino na Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (WAOH! Route), na que Turismo de Galicia participa xunto ao Reino Unido, Irlanda e Portugal na percura dunha imaxe de marca “Atlantica”.
Unha oportunidade que permite establecer sinerxias cos deportes náuticos, a enogastronomía, o turismo mariñeiro e a rica arqueoloxía marítima da que é acreedora a Costa da Morte. Esta nova ruta permitirá a combinación de actividades náuticas como percorridos en kaiak, avistamiento de cetáceos ou mesmo actividades para descubrir o patrimonio marítimo formado por galeóns, mercantes ou pesqueiros sumerxidos en las profundidades, cuio coñecemento a través de actividades de turismo subacuático permitirá promover a súa conservación e protección como recurso cultural.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mar/empresarios-e-cmat-proponen-aumentar-a-zona-de-mergullo-da-waoh-ruote/20180430094630087832.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA