Imprimir

Facele un home nun accidente en Dumbría

que pasa na costa | 27 de xaneiro de 2020

Tráxica noite a deste domingo en Dumbría. Pasadas ás 23:00 tiña lugar unha colisión frontal no km.82 da AC.552, a altura de Berdeogas. Ao lugar desprázabase o 061, Urxencias Medicas, Garda Civil, Protección Civil e os Bombeiros de Cee, pero nada puideron facer para recuperar con vida o corpo dun home de 86 anos de idade, natural de Lobelos (Dumbría), que quedara atrapado no interior do vehículo.

Unha vez liberado polos Bombeiros, o corpo e trasladado polos servicios xudiciais. Unha vez retirados os vehículos fixeron as labores de limpeza na estrada, rematando o servizo ás 1:00h.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/dumbria/facele-home-nun-accidente-dumbria/20200127102407116843.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia