Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fernando Patricio Cortizo reivindica a descuberta das serpes do Serpent

Fernando Patricio Cortizo reivindica a descuberta das serpes do Serpent

Contabamos esta semana que Rafael Lema localizaba en Santa Mariña (a través dunha foto da sobriña da actual propietaria), as serpes do HMS Serpent. Un traballo para ir inventariando elementos dos naufraxios da ría de Camariñas da época do Serpent, e poder presentalos no Catálogo oficial da Xunta, onde só hai recollido o Barbudo.

Queremos aproveitar para recuperar un artigo que recollía Fernando Patricio Cortizo xa en xaneiro de 2017, no seu blogue "O mergullador atlántico”. “Serpes e dragóns" recolle a súa completa investigación, mesmo rexistrada na Xunta baixo a lei de propiedade intelectual. A serie está recollida en 8 achegas, hoxe traemos a primeira vez que saíu publicada unha foto das dúas serpes de bronce, das que asegura que é imposible coñecer onde ían no barco.

”Serpes e Dragóns (IV) O achádego do escudo do Serpent”

Foto do escudo das serpes do Serpent publicada por Fernando Patricio Cortizo o pasado xaneiro de 2017 Foto do escudo das serpes do Serpent publicada por Fernando Patricio Cortizo o pasado xaneiro de 2017

Roberto Brión, fálanos que a carón da Punta do Boi, na punta oposta da Enseada de Trece onde está o Carreiro da Caghada, atopamos o baixo do Antón, do que xa nos falaba o gran Pepe Baña, na súa magna obra: Costa de la Muerte. Historia y anecdotario de sus naufragios, e según afirma Roberto, por terra dese baixo afundíuse o Preston, vapor mercante británico que o 2 de maio do 1906 navegaba de Londres a Xénova con 1.125 toneladas de carga xeral a bordo, entre ela moita e valiosa maquinaria, cando atopouse coa fatídica Punta do Boi e os seus arrecifes. Roberto di que no fondo ainda está o plan do barco, que el víu co espello, mentres que seu fillo Xosé Manuel, afirma que alí tamén víu un motor de barco, que está perfectamente visible.

Sobre o pecio do HMS Serpent, Roberto Brión, cóntanos que cando andaba ao espello desde a chalana co seu pai, sobre o pecio do navío inglés, víu un pau e un canón no fondo; nos restos deste buque, el, seu irmán e seu pai, quitaran moito metal, especialmente, cobre, aceiro, e proxectis “machucados” do armamento que portaba a bordo o navío da Royal Navy. Pero a bomba informativa salta, cando Roberto fala do seguinte: -eu co meu pai atopamos “a colebra do Serpent” o escudo do barco. Atopámolo no fondo tras velo co espello. Eran dúas serpes unidas polo peito-. Cando morre José Brión Ajeitos, dito obxeto histórico rematou seus días adornando o salón dunha casa de Camariñas, onde segue na actualidade.

Para tentar dar a maior veracidade posible a este achádego, e atopar a maior información sobre o seu deseño e historia, púxenme en contacto coa Royal Navy Association o día 11 de outubro de 2015 a través do meu email, obtendo esta resposta ao día seguinte, polo seu administrador: “Good morning Fernando. The two brass animals are normally representations of dolphins. Hence the tail detail and pectoral fins supporting the central section. They might have been from a hook of some sort or support for a fixture. It depends on their size how they might have been used. I hope this is a help. Regards, Nigel Huxtable.” Pois ben a resposta era curta, pero escrarecedora. Según o tal Nigel, os obxetos que adornan dita metopa, non era serpes senón unhas touliñas, unidas polas súas aletas pectorais a unha especie de púlpito central, poidendo chegar a formar parte dunha especie dalgún tipo de gancho ou ser un soporte doutro trebello.

Tentando afondar máis na súa procedencia, é curioso que o escudo é moi semellante ás representacións en tela e metal dos escudos que adornan actualmente os uniformes dos mergulladores da Royal Navy.

Sabemos que aos poucos días de afundirse o Serpent na Punta do Boi, buzos do barco británico, HMS Sunfly, descenderon ao seu pecio, para tentar recuperar un cofre onde ían as moedas para pagar os salarios da tripulación, como anunciara a prensa da época. Non sabemos se este escudo pode ter relación directa ou non, con algún aparello empregado por ditos mergulladores da armada británica, nesa operación concreta ou se incluso formou parte ou non, dalgún trebello a bordo do propio HMS Serpent, pois como coñecemos na actualidade, na fatídica Punta do Boi, antes de irse a pique o cruceiro torpedeiro da Royal Navy, perdéronse outros barcos, entre eles, un mercante de nacionalidade descoñecida cuia carga de cereal deu nome ao lugar do Porto Trigo, ubicado na curva que forman en terra a Punta do Boi coa Enseada de Trece, ao carón de onde hoxe estaría situado o Cemiterio dos Ingleses. Posteriormente viría a perda do Antón, do que descoñecemos máis datos e no 1883, a tráxica perda do tamén británico, Iris, dos que falecerían 36 persoas da súa dotación no naufraxio e para dar cavida a esa cantidade de corpos abríuse por vez primeira que se saiba, unha fosa común, no lugar de Porto Trigo, que agrandaríase sete anos despois para soterrar alí a 144 cadáveres máis, pertencentes á tripulación do HMS Serpent, que foron devoltos polo mar. Vinteoito, terían coma tumba o propio Atlántico ata chegar a arrepiente cifra de morrer afogados 172 dos 175 tripulantes que levaba a bordo.

Resumindo, non é descartable que en calquera dos traballos de recuperacións de carga e despece dos barcos anteriormente nomeados, algún material pertencente a buzos ingleses se perdera no lugar; e no concerninte a operacións de mergulladores británicos en augas da Costa da Morte, recuperando cargamento de pecios, temos as primeiras referenzas recolleitas na prensa do noso país, no 1843, cando afundira o RMS Solway nos baixos de Baldaio, onde por certo falecera un buzo desta nacionalidade recuperando carga e dinamitando este mesmo pecio.

Se me deixo levar polo que penso, vendo as dúas toniñas de bronce recuperadas do pecio do Serpent, por Roberto e seu pai José, e colocadas posteriormente como adorno nunha metopa, tal cal aprezamos na foto, semella que orixinalmente tiveron a mesma función a bordo do cruceiro torpedeiro da Royal Navy.

Según José Sánchez, membro da páxina de facebook da AC Naufraxios Galegos, este escudo, pertencíu ao HMS Serpent, si ou si. A súa explicación é escrarecedora: "baseándose na iconografia clásica, o rabo en punta de frecha levao o demo, as cobras, e o dragón." Os británicos representan ao cabalo na súa heráldica militar "cun apéndice truncado, na contra se o fan cun cabalo terráqueo, se representa unha touliña.”

  • © Fernando Patricio Cortizo (xaneiro 2017).

Novas relacionadas

Máis novas

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios