Imprimir

Fisterra, pasto dos incendiarios

Redacción | 16 de agosto de 2018

Cinco incendios en apenas dúas semanas rexistrados no termo municipal de Fisterra. Algo pasa en Fisterra. Algunha investigación podería comezar a facer xa a Garda Civil. De feito, a Consellería pide xa a “colaboración cidadá para intentar atopar a ese incendiario que parece evidente que está operando estes días pola zona”.

Novo incendio na zona de Cabanas

Fotos de Kuka Sar Pasadas as 15:40 deste xoves 16 de agosto rexistrábase un novo incencio na vila do Cristo. Dábase en Cabanas, embaixo da estatua do Peregrino, en pleno Promontorio Nerio. Foi controlado unha e media hora despois tras arrasar con 2 hectáreas, segundo informa o teniente alcalde Kuka Sar. Interviron 2 axentes, 5 brigadas, 4 motobombas e ata 5 helicópteros.  

Incendio en Mallas, moi preto das casas

Incendio en Mallas-Fisterra-Foto-Martin Romero Incendio en Mallas moi preto das casas-Foto-Martin Romero Desta volta o incendio rexistrouse ás 5:15 da madrugada deste mércores a xoves 16 de agosto, moi preto do lugar da Mallas, na parroquia de Duio. Tardaron en chegar os medios, pero chegaron a tempo 2 axentes, 4 brigadas e 5 motobombas, para que o lume non chegase as casas. En todo caso, non impediu que moitos veciños pasasen a noite en vela. Finalmente foi controlado ás 10:35 da mañá, tras arrasar 1,3 hectáreas de arborado.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/controlan-rapidamente-o-terceiro-incendio-fisterran-en-duas-semanas/ https://quepasanacosta.gal/novo-incendio-desta-volta-no-cabo-da-nave-de-fisterra/ https://quepasanacosta.gal/un-importante-incendio-arrasa-o-monte-facho-de-fisterra/
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/fisterra/fisterra-pasto-dos-incendiarios/20180816101021088908.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia