Imprimir

Futbolín, procesión marítima e verbeneo nas Festas do Carme de Fisterra

que pasa na costa | 04 de setembro de 2019

Foto do Campionato de Fútbolín no 2016-Darío Gómez
Foto do Campionato de Fútbolín no 2016-Darío Gómez

As Festas Patronais e Festas do Carme de Fisterra chegan para este fin de semana de 6, 7 e 9 de setembro. E chegan cun pouco de todo.

O venres 6 celebran o San Roque, e despois da sesión vermú con Ciclón, a atención irá cara a Praza da Constitución, onde se desenvolverá a V edición do Campionato Internacional de Futbolín Alexandre Fisterra.

O venrese rematará a festa coas verbenas das orquestras Ciclón e Finisterre.

O sábado 7 é o Carme terá lugar a procesión márítima arredor das 12:00-13:00 dende o porto. Haberá traca na sesión vermú, concerto de Pepe Piña e festa.

O domingo 8, pola Santa María das Areas, a patroa, haberá Danza de Paus e banda de música pola mañá, sesión vermú e xogos infantís para os cativos pola tarde.

Festas do Carme de Fisterra 2019

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/fisterra/futbolin-procesion-maritima-verbeneo-nas-festas-do-carme-fisterra/20190904165216112727.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA