Imprimir

Malpica acollerá este sábado a II Fase de Niveis de patinaxe

que pasa na costa | 07 de novembro de 2019

Novas patinadoras de Malpica
Novas patinadoras de Malpica

Malpica acollerá o vindeiro sábado, 9 de novembro, a II Fase de Niveis de patinaxe, no Pavillón Municipal. Este evento está organizado polo Club de Patinaxe Velúa, da localidade malpicá.

Será un campionato no que participarán conxuntos da zona norte da Coruña. En total, catorce equipos, con arredor de 100 inscritos, e que comprenderá os niveis 1, 2 e 3. Dará comezo ás 10:30 horas da mañá, coa participación dos clubes Lenda, Costa da Morte, Patín Axel, Escola Lubiáns, Conxuro, Buxaina, Alquimia, Velúa, Aura e Inercia. Pola tarde, saltarán á pista os integrantes dos conxuntos Compañía María, Patiart Coristanco, Liceo La Paz e o Raiola. Está previsto que a cita teña remate ás 18:30 horas da tarde.

O club malpicán conta cunha ampla representación nesta fase, coas patinadoras Antía Pérez, Noela Díaz, Mara Rega, Lara Verdes, Noelia Cedeira, Leticia Chouciño e Ainhoa López.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/malpica-acollera-sabado-ii-fase-niveis-patinaxe/20191106163117114737.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA