Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Malpica tamén se entrega ao Teatro

Malpica tamén se entrega ao Teatro
A obra infantil Danza da choiva A obra infantil Danza da choiva abre a Mostra de Teatro de Malpica Mostra de Teatro de Malpica 2018

Esta semana, mentres o FIOT bota o último alento, e despois de coñecermos as propostas teatrais de Carnota, Laxe e Ponteceso, imos ata Malpica para ver como segue agromando a semente cultural que prendeu hai 85 anos da man das Misións Pedagóxicas.

Toca agora cambiar os títeres polo teatro, a rúa polo auditorio, e por iso xa se presenta a 14ª edición da Mostra de Teatro de Malpica. Unha mostra na que estarán cada venres ata o último de novembro, ás 20:30h no Centro Cívico, varias das mellores compañías do país, e

A compañía Elefante Elegante abrirá este venres 26 de outubro a Mostra, como gañadora do Premio María Casares ao mellor espectáculo infantil no ano 2017.

Para os/as peques da casa este ano tamén teremos teatro musical. Xoán Curiel e a Banda do Verán estarán no Centro Cívico o vindeiro 2 de novembro con A casa do terror, para nenos e nenas de 4 a 12 anos que queiran celebrar o Samaín dun xeito moi especial, animado e divertido. Entre 6 e 12 anos sitúase o público preferente do seguinte espectáculo, Sopa de sapo de Talía Teatro, que acode unha vez máis á nosa Mostra de Teatro, neste caso cunha comedia interpretada por María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos e Rubén Prieto. Verémolos en acción o día 9. Tamén pensamos no público adolescente e adulto, destinatario das outras tres propostas deste outono teatral. O venres 16 reuniremos a Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei no espectáculo de Culturactiva Falar sen cancelas. As gargalladas están aseguradas. E ao venres seguinte tamén, porque o día 23 recibiremos a unha das nosas favoritas, Malasombra Producións, que obtivo a mellor valoración do público nos anos 2014, 2105 e 2016, e que nesta ocasión nos presenta O caso é ter saúde, para maiores de 16 anos. Para pechar a Mostra de Teatro recibiremos a Contraproducións, compañía gañadora da valoración do público o ano pasado, coa fabulación dramática Fillos do Sol, coa que foi finalista no María Casares deste ano na categoría de mellor texto orixinal. A sinatura é de Cándido Pazó, e a inspiración, de Eduardo Pondal.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carnota-laxe-e-ponteceso-lanzanse-ao-teatro-por-outono/ https://quepasanacosta.gal/unha-viaxe-historica-a-malpica-de-1993-coas-misions-pedagoxicas-e-o-teatro-dos-fantoches/

Comentarios