Venres. 26.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán

Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
Limpeza do Coido de Tourinan con Mar de Fabula

Seguindo, nesta primeira parte do ano, cos traballos de limpeza e recuperación da dignidade en lugares emblemáticos da Costa da Morte, e despois de ter levado adiante a limpeza dos coídos do Trece no pasado mes de xaneiro, a asociación Mar de Fábula, contando co soporte loxístico do Concello de Muxía, fai un chamamento a todas as persoas dispostas a participar na recollida e retirada do lixo que aínda asolaga a fermosa enseada do Coído de Touriñán.

A cita medioambiental desenvolverase este sábado 14 de marzo, quedando ás 11:00h no Faro Touriñán.

A entidade lembra que os fortes temporáis que bateron na nosa costa hai agora un ano, axudáronlle ao mar a botarse de enriba unha boa parte de todos os plásticos que flotan na súa superficie e na columna de auga. Por iso, un ano despois, o Coído de Touriñán segue a aturar aínda unha alta porcentaxe daquela xigantesca vaga de lixo. O que xa despareceu, os refugallos que xa non están á vista, foron espallados polo monte arriba ou chantados no seo dos toxos pola forza dos ventos que baten arreo naquela paisaxe cuaternaria, pero tamén queda moito lixo inorgánico na boleira.

A organización recomenda levar bebida e provisións de boca, e ir ben abrigado. Ademais, aportan este telefono de contacto por se acaso: 608609042.

Guerreiros do lixo no Trece en xaneiro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios