Imprimir

O Motoclub [email protected] [email protected] de Carnota xa ruxe

que pasa na costa | 07 de outubro de 2019

Escudo do Motoclub Amigos de CarnotaEste pasado sábado 5 de outubro de 2019 tivo lugar o nacemento dun novo club da bisbarra. O Motoclub [email protected] [email protected] de Carnota. A Praza de Carnota acolleu unha fermosa festa de benvida, na que non faltaron os fundadores, e ducias de afeccionados ás dúas rodas de toda a provincia.

Aí subiron a recibir os aplausos do público os membros do equipo directivo, os David, Roberto, Julián, Juan, Amparo, Jose, Santiago, Allo, Marcos e Jose Antonio, voceiro do club. Fixo referencia a Rubén, outro dos membros da familia moteira que non puido estar por motivos laborais; e tamén a outro club especial para a familia carnotá, A Rosa dos Ventos de Poio, do que era socio o propio José Antonio ata que decidiu montar o costeiro.

Equipo directivo do Motoclub Amigos Moteiros de Carnota

Acción reivindicativa

Ademais, a sesión serviu para incidir na primeira acción reivindicativa do novo club: Este vindeiro 27 de outubro, participarán na Manifestación Nacional de Motoristas que terá lugar en Santiago, ás 11:30h no Estadio de San Lázaro. A expedición costeira fará quedada ás 9:00h na Casa Louro de Lira, para saír cara a capital galega.

Manifestacion Nacional de Motoristas en Compostela

 

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carnota/motoclub-moteir-s-amig-s-carnota-xa/20191007163514113720.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA