Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Muxía engalanouse de mar

Muxía engalanouse de mar
Musica tradicional no Mercado das Rutas do mar de Muxia 2017-Foto-Rafa Quintans Música tradicional no Mercado das Rutas do mar de Muxía 2017-Foto-Rafa Quintáns

Fermosa é a estampa que luce Muxía cada mes de agosto co XI Mercado das Rutas do Mar. A vila convírterse nun típico Mercado mariñeiro do século XVIII, mesturados con persoaxes da primeira metade do século XX, como Rosalía ou López Abente, que ben puideron ser inmortalizados por Ramón Caamaño.

Un mercado que trata de recuperar e poñer en valor a cultura mariñeira, a través da gastronomía, as exposicións, a música, o teatro de rúa… ademais de recuperar os oficios e os aparellos do traballo.

Aquí queda unha completa galería de Rafa Quintáns xa ca mente dos muxiáns na Barca, a festa das festas.

Musica no Mercado das Rutas do mar de Muxia 2017-Foto-Rafa Quintans Galería de Rafa Quintáns Filloas no Mercado das Rutas do mar de Muxia 2017-Foto-Rafa Quintans Non faltaron as Filloas no Mercado das Rutas do mar de Muxia 2017-Foto-Rafa Quintans

Xa pensando na Barca

Romaria-Festas da Barca de Muxia 2017 As máis esperadas de cada fin de verán, chega a Romería da Virxe da Barca de Muxía 2017. Dende o venres 8 de setembro ata o luns 11 (o día máis "local", a Romaría máis brava da bisbarra será o punto de encontro de parrandeiros de toda a volta. Os días grandes son: para os trouleiros o sábado , coa chegada da Panoraba, a gran sesión de fogos artificiais ás 0:30h, e festa ata as 9:00h da mañá. E para os romeiros, o domingo, coa procesión a partir das 12:30h despois da misa no santuario, e a sesión vermú amenizada pola maior traca de bomas de toda Galicia.

Máis información

Fonte

Comentarios