Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha nova semana de cortes de luz para chegar ao Parlamento

Cortes de luz no Hotel Costa da Morte de Fisterra
Os cortes de luz deixan hoteis como Costa da Morte de Fisterra vendidos coa única compañía das luces de emerxencia
Unha nova semana de cortes de luz para chegar ao Parlamento

Nova semana de cortes de luz na comarca de Fisterra. Durante este mércores, varios puntos da comarca estiveron boa parte da mañá sen electricidade, provocando de novo os negocios da vila, por exemplo, pasaran máis de dúas horas coa única iluminación das luces de emerxencia e as candelas.

Segundo informou a empresa Naturgy ao Concello houbo unha avaría na estación da Pontella, e outra no tendido eléctrico que ven de Corcubión a Mallas. A empresa agora mantén comunicación directa co Concello e se puxeron mans á obra para solventar a incidencia, pero a comarca non pode seguir consentido unhas infraestrururas tan terriblemente precarias.

Así o entende o grupo do BNG que levou ao Parlamento Galego, a través da súa deputada Noa Presas, os continuos cortes de suministro, sen que “o goberno reaccione e impoña algún tipo de sanción á compañía eléctrica Naturgy”. Unha situación que xa vén herdada de toda a vida, pero que este mes de decembro foi especialmente grave, como recolleu o Concello nun completo informe enviado ao IGAPE e á Xunta.

De aí que Presas instase ao director xeral de Enerxía que o Instituto Enerxético de Galicia, (INEGA) a que actúe con medidas urxentes contra os cortes intermitentes de 1 a 4 horas en Fisterra. “Estes cortes de subministro supoñen máis de 20 horas ao mes para comercios e hostalería”, concluíu.

Presas tamén preguntou polo “expediente informativo ás empresas eléctricas” anunciado en marzo de 2018 pola Xunta de Galiza que non foi remitido ao Parlamento a pesar de ser solicitado polo grupo do BNG.

Reportaxes sobre incomunicación

Comentarios