Venres. 19.04.2024
El tiempo

O alumnado do IES Agra de Raíces visita Francia

O alumnado do IES Agra de Raíces visita Francia
ies-agra-raices-cee Os estudantes aproveitaron a súa viaxe a Francia para visitar os lugares máis emblemáticos 24 alumnos e alumnas do IES Agra de Raíces de Cee participan nun intercambio co Lycée Saint Sauveur de Redón, na Bretaña. Os de Cee comezaron a súa viaxe o pasado 29 de marzo acompañados das mestras Elena Martínez, Isabel Garea e Estíbaliz Markaida. As familias bretonas acolléronos durante uns días onde puideron coñecer as súas costumes, visitar a cidade e asistir a algunha que outra clase. Tras cinco días de convivencia coas familias francesas, os ceense puxeron rumbo á capital francesa onde visitaron lugares tan emblemáticos como o museo do Louvre, a torre Eiffel, o barrio de Montmartre, a catedral de Notre-dame, o Bateau-Mouche e Disneyland. Mentras, o resto dos alumnos do centro continúan coas actividades que se enmarcan dentro da Semana Cultural que organiza o IES. Novas relacionadas Fonte

Comentarios