Imprimir

O carnotán Anxo Fernández aspira ao título de campión de España Junior de Taekwondo

que pasa na costa | 25 de setembro de 2015

O-Carnotan-Anxo-Fernandez-aspira-ao-ouro-no-Campionato-de-Espana-Junior-de-Judo Xa é todo un premio, pero este rapaz carnotán non se conforma. Este próximo sábado, o deportista do Clube Arte e Movemento, Anxo Fernández de la Iglesia, viaxa a Alicante, ó Campeonato de España Junior 2015. Despois de gañala prata sub-21 con só 17 anos este mesmo ano, buscará subir ou peldaño máis esta fin de semana. O seu entrenador Juan Carlos Díaz, ten moitísima confianza en que Anxo fará un bo papel, “porque Anxo nunca defrauda”. Atentos estaremos.

O percorrido de Anxo

Anxo comezou a practicar Taekwondo, na Escola Municipal de Taekwondo do Concello de Carnota, que imparte o Clube Arte e Movemento. Dende entón, encontrou no Taekwondo o seu deporte. Cunhas cualidades físicas moi boas para o Taekwondo, e con unha constancia a destacar coa curta idade que ten, Anxo e o Taekwondo lévanse moi ben. Xa con 15 anos, Anxo participou no Campeonato de España Cadete, onde acadou xa o bronce, sendo a sua primera competición desta importancia. Neste mesmo ano 2015, só fai uns meses, Anxo acadou o subcampionato de España Sub-21 con 17 anos, participando con xente de mais idade e experiencia ca el. Posto que sorprendeu ó propio Anxo e ó clube. Seguiu dando que falar, e fai dúas semanas que Anxo entrou no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, tras ser admitido, cunha beca de interno. Está vivindo o soño de calquera deportista e marcando un exemplo a seguir polos deportistas de esta modalidade na Costa da Morte. O Club Arte e Movemento, é ata o momento o único club federado de Taekwondo na Costa da Morte, e ademais de impartir clases en Cee, onde ten a sua sede central, tamén imparte as Escolas Municipais de Carnota e Muxía. Escolas que para o clube supoñen unha forma de acercar o Taekwondo a nenos de estes concellos, que igual de outra maneira non o chegarian a coñecer. E esperando a que de esas escolas, sigan saindo outros Anxosss. Os clubes federados mais cercanos están en Noia e Arteixo.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/deportes/o-carnotan-anxo-fernandez-aspira-ao-titulo-de-campion-de-espana-junior-de-taekwondo/20150925073344078880.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA