Imprimir

O programa Galeuropa invita a [email protected] de Santa Comba a facer prácticas laborais por Europa

que pasa na costa | 01 de agosto de 2018

O Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Santiago, do que forma parte o Concello de Santa Comba, ven de recibir a confirmación de que ten prazas para o Programa Galeuropa neste exercicio 2018. Galeuropa é un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co respaldo dos Fondos da Unión Europea para o fomento da empregabilidade, que facilita prácticas laborais non remuneradas (aínda que os participantes sí teñen cubertos a formación idiomática, as viaxes, o aloxamento, a manutención e uns cartos de bolsillo) en paises europeos; que pretende que os nosos mozos e mozas (de 18 a 30 anos e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil) adquiran competencias útiles non só no aspecto laboral, senón tamén no ámbito de desenvolvemento idiomático e autonomía persoal durante os meses que dure a estancia formativa.

Si estades interesados en participar en Galeuropa, A OMIX de Santa Comba pode axudarvos nos trámites para a solicitude de prazas do GDR, postos que os mozos dos concellos membros (como é o caso de Santa Comba) teñen preferencia. Podedes contactar no Multiusos ou no tf 981 81 87 10, e poder vivir esta experiencia formativa tan interesante.

Fonte

  • Santa Comba.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/coristanco/o-programa-galeuropa-invita-a-mozos-de-santa-comba-a-facer-practicas-laborais-por-europa/20180801052332088791.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia