Imprimir

O Pindo xa escoita os seus Contos do Mar nas Audioguías ficcionadas

Redacción | 01 de agosto de 2020

Xa estrearon as audioguías do Pindo
Xa estrearon as audioguías do Pindo

Este pasado xoves tivo lugar a presentación oficial do emotivo proxecto “Contos do Mar”. Unha fermosa iniciativa da Confraría do Pindo e concellos de Carnota, Dumbría e Fisterra, que conta co apoio do GALP4 para recuperar a memoria do noso mar. Unha desas ideas que serve para poñer en valor o noso rico patrimonio inmaterial, que ademais activa e recoñece ás nosas maiores.

Presentacion no Pindo do proxecto Contos do Mar

Trala presentación do alcalde Juan Manuel Saborido, foi a secretaria da Confraría do Pindo, Merche Díaz Mayán, a que describiu as partes do proxecto. Por un lado as “Historias de vida reais”, cunha recuperación videográfica das lembranzas das nosas maiores; e outro lado a creación dunha serie de singulares “Audioguías turísticas con historias ficcionadas” nas que se realiza un itinerario polo pobo á vez que o narrador nos vai guiando e contando a historia ficcionada do que vamos vendo.

En representación do Concello de Dumbría, a técnica de turismo de Dumbría, Ada González comentaba como viviu o proxecto dende o inicio e o valor engadido das audioguías ficcionadas é que son un produto turístico que se pode ofertar ao visitante durante todo o ano e non só en tempada estival.

Ao remate os asistentes comprobaron o ben que funcionan as Audioguías e fixeron o roteiro polo pobo do Pindo, con saída dende a Confraría e finalizando no Porto e ten unha duración aproximada de 40 minutos durante os cales o protagonista, un vello mariñeiro, vainos contando a historia do pobo narrada por de Miguel de Lira.

 

“Historias de vida reais”

     

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carnota/o-proxecto-contos-d/20200731103855120977.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia