Imprimir

O Tele Noticiario, a nova aventura audiovisual dos iutubers do Eugenio López

que pasa na costa | 21 de decembro de 2017

Impresionados quedamos co traballo audiovisual dos xa famosos “iutubers” do CEIP Eugenio López. O colexio ceés non para de facer accións relacionadas co mundo da creatividade audiovisual, e este ano abre un novo proxecto: o "Tele Noticiario”.

Coa intención de facer un "Tele Noticiario" semanal, xa levan 5 programas dende que comezou o mes de nadal. Cómpre destacar que a redacción e gravacións son completamente feitas polo alumnado, o que dá conta da canteira que temos na volta.

O "Tele Noticiario" conta con diferentes seccións como: As noticias, Libro recomendado, deportes e o tempo.

Así que sen máis, deixásmovos coas novas dos noso peque-xornalistas, qu epodedes seguir tamén en colexioeugeniolopezcee.blogspot.com.es.

Os Telenoticiarios desta semana

Novas relacionadas

Máis novas

 
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cee/o-tele-noticiario-a-nova-aventura-audiovisual-dos-iutubers-do-eugenio-lopez/20171221103430086602.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia