Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Parroquianos de Desiré e teatreiros de Laxe disfrutan das súas viaxes

Escola de Teatro de Laxe de viaxe por Italia
Alumnado da Escola de Teatro de Laxe de viaxe por Italia
Parroquianos de Desiré e teatreiros de Laxe disfrutan das súas viaxes

Semana de viaxes esta de maio. Polo sur e polo norte da comarca.

Por exemplo, menuda aventura están a vivir os membros da Escola Municipal de Teatro do Concello de Laxe! Francia, Italia e Cataluña foron algunhas das súas paradas. E incluso tiveron a oportunidade de realizar unha función no Teatro Tivoli, que tivo unha gran acollida por parte do público italiano.

Paralelamente, as Parroquias de Ameixenda, Brens, Buxantes, Cee, Corcubión, Redonda e Toba; que preside Desire Kouakou Tanoh, realizaron este venres sua excursión interparroquial. Este ano visitaron a Isla da Toxa e O Grove onde deron un paseo marítimo en catamarán. Xa ao mediodía acercaronse a Arcade para comer e dar algún que outro baile antes de sair cara Pontevedra. Finalizaban esta fermosa tarde cunha celebración de acción de grazas na Basílica de Santa María la Mayor de Pontevedra que foi amenizada polo coro interparroquial. O párroco mostrou a súa satisfacción pola acollida desta experiencia por parte dos parroquianos e xa pensa nunha nova data para o vindeiro ano.

Parroquianos de Desire de viaxe

Comentarios