Venres. 26.04.2024
El tiempo

Piden a dimisión de Ramón Vigo trala apertura de xuízo oral da Operación Orquesta

Piden a dimisión de Ramón Vigo trala apertura de xuízo oral da Operación Orquesta
Ramón Vigo saíndo do xulgado de Corcubión na Operacion Orquesta - Foto: Xusto Gómez Ramón Vigo saíndo do xulgado de Corcubión na Operacion Orquesta - Foto: Xusto Gómez

É o BNG de Cee o primeiro en solicitar a dimisión do alcalde Ramón Vigo, trala apertura de xuizo oral da Operación Orquesta, na que a fiscalia considera probados os delitos de falsidade en documento público, prevariación, suborno pasivo e activo e infidelidade na custodia de documentos públicos, e polo que se piden pois para el até 23 anos de prisión, máis de 138.000€ de multa, e ata 15 anos inhabilitación. Dende o BNG local cren “máis que xustificada a petición de dimisión do alcalde”.

O portavoz do Bng, Serxio Domínguez Louro, declarou que: “Como temos dito en ocasións anteriores, é a xustiza quen ten que poñer negro sobre branco en todo este asunto, mais o que si é claro e notorio é que unha persoa con esta carta de presentación non pode seguir a exercer un cargo público como o de alcalde da nosa vila”.

Ademais dixo que “Cee precisa dun goberno que se adique en corpo e alma ao seu cometido, e nestes momentos, con un xuizo tan importante que seguro se celebrará nos vindeiros meses, non cremos que esta sexa a millor das situacións, mais tendo en conta que xa goberna con tres, de trece concelleiros. Temos un concello totalmente paralizado, sen actividade nen iniciativas, nen tan sequera se fan as cousas mais básicas e elementais, e isto vai empeorar aínda máis as cousas, polo que é preciso que tome a decisión de demitir, algo que debería facer xa por simple ética”.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Cee.

Comentarios