Imprimir

Reanúdase a procura por terra, mar e aire do pescador desparecido en Malpica

que pasa na costa | 15 de marzo de 2016

Un amplo dispositivo rastrexou a zona da punta Nariga na procura do pescador desaparecido o domingo. Imaxe: Protección Civil Carballo Un amplo dispositivo rastrexou a zona da punta Nariga na procura do pescador desaparecido o domingo. Imaxe: Protección Civil Carballo Un amplo dispositivo reanudará esta mañá a partir das 9 da horas a procura por terra, mar e aire do pescador de 54 anos desaparecido o pasado domingo nas costas de Malpica. Durante todo o día de onte, numerosos efectivos - entre os que se encontraban dous helicópteros, varias embarcacións, membros da Garda Civil e de Protección Civil ademais de veciños e familiares do desaparecido - rastrexaron intensamente a zona centrandose nas proximidades da punta Nariga. No dispositivo de onte non se atoparon nin a mochila nin a cana do pescador. Este veciño de Arteixo saíra o domingo pola mañá a pescar xunto cun compañeiro. Decidiron separarse e ir cada un polo seu lado quedando de verse a última hora da mañá. O agora desaparecido non acudiu ao lugar de encontro e foi nese momento cando se deu a voz de alarma. Novas relacionadas Fonte  
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mar/reanudase-a-procura-por-terra-mar-e-aire-do-pescador-desparecido-en-malpica/20160315061229080349.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia