Imprimir

Reiteran a petición dun plan de estabilización laboral no Concello de Carballo

Redacción | 23 de decembro de 2020

Casa do Concello de Carballo
  •  

Volve, unha vez máis, a agrupación de funcionarios/as A Alternativa, presentando un novo escrito para reclamar a “aprobación dun plan de estabilización no Concello de Carballo”. Dende a agrupación lembran que “os organismos europeos, en numerosas resolucións, e o Congreso dos Deputados, por última vez a semana pasada, teñen reclamado pasos adiante na eliminación da precariedade e a temporalidade na administración”. Lembran tamén que o BNG noutras administracións tamén “ten dado pasos nesta liña”, por iso que Carallo non paralice o “Acordo regulador das condicións de traballo do persoal funcionario”.

“Carballo xa vai tarde pero nunca é tarde se é para ben. Consideramos, xa o temos dito con anterioridade, que é moito hora de apostar pola estabilidade do persoal desta administración, que en moitos casos leva entre nós anos, lustros e décadas, e aínda non ten garantida a súa continuidade, nin tivo ocasión de optar a ela”, sinalan dende a agrupación.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/reiteran-peticion-dun-plan-estabilizacion-laboral-concello-carballo/20201223094658124104.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia