Sábado. 28.11.2020
El tiempo

A Alternativa pide que se cubra a praza de oficial da Policía Local

A Alternativa pide que se cubra a praza de oficial da Policía Local

A Agrupación de Funcionarios/as A Alternativa reitera a súa demanda para que o Concello de Carballo incorpore a praza de oficial de Policía Local declarada vacante (no BOP do pasado xoves) no proceso de promoción interna xa en marcha.

”Cremos que, despois de sucesivos fracasos intentando incorporar persoal de outros corpos policiais (como é o caso desta convocatoria, a de inspector/a principal, ou a de catro prazas por comisión de servizos das que só se cubriu unha), e constatado (a través do proceso en marcha para a promoción interna) que hai persoas suficientes no corpo de Policía Local capacitados/as e interesados/as en optar á categoría de oficiais, non hai excusa para que o Concello de Carballo siga apostando por xente allea ao actual cadro de persoal cando se conta con xente preparada, capacitada e disposta”, explica Vítor Recarei.

O sindicato lembra que “o Acordo regulador das condicións do persoal funcionario que prevé expresamente esta situación foi aprobado polo goberno e a representación sindical maioritaria hai un ano e medio”.

Novas relacionadas

Máis novas

comentarios