Mércores. 01.04.2020
El tiempo

Piden unha “ambiciosa” Oferta de Emprego Público para o 2020 no Concello de Carballo

Piden unha “ambiciosa” Oferta de Emprego Público para o 2020 no Concello de Carballo

A estabilidade laboral do persoal municipal segue a ser o gran cabalo de batalla de moitos sindicatos. Como o é para Agrupación de Funcionarios/as A Alternativa do Concello carballés, que vén de rexistrar unha proposta, dirixida á concelleira delegada de Persoal no Concello de Carballo, na que solicitan que a Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2020 sexa “ambiciosa e aposte pola estabilidade do persoal municipal, por elaborar os procesos de consolidación e funcionarización que sexan precisos para rematar cunha situación que, entendemos, está viciada”.

Dende A Alternativa, tras analizar o cadro de persoal publicado no BOP, non entenden que haia 76 prazas vacantes de funcionarios/as e 71 de persoal laboral. “Isto é, máis de cento corenta prazas non teñen propietario/a”.

Por iso, como fixeron o pasado mes de setembro, solicitan comezar unha negociación cos sindicatos a implantación dunha “OEP ambiciosa e un plan de estabilización, mediante os procesos de consolidación, funcionarización... “

Novas relacionadas

comentarios