Imprimir

Santa Comba tamén abre un servizo de voluntariado e contra a soidade

que pasa na costa | 18 de marzo de 2020

O Concello de Santa Comba tamén abre os seus servizos para intentar paliar as consecuencias da corentena nas persoas máis desfavorecidas. De aí que abra o servizo de voluntariado para que os maiores, as persoas con problemas de mobilidade, ou eses maiores que teñan netos na casa porque os pais traballan, poidan recibir nas súas casas enseres, medicamentos… Poden chamar ao 981 88 12 67 ou 663 72 89 68 de 9:00h a 20:00h.

Ademais abre o servizo contra a soidade e incerteza. Podes pedir no 663 72 89 68 acompañamento psicolóxico de 17:00h a 20:00h; asesoramento á cidadanía de 9:00h a 14:00h ou asesoramento para actividade física para a saúde (pola mañá no 667 453 312 e pola tarde no 663 72 89 68).

Os servizos municipais tamén aportam contido deportivo para a cidadania que desexe utilizalos como esta clase de Pilates para Principiantes.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/santa-comba/santa-comba-tamen-abre-servizo-voluntariado-soidade/20200318123329118454.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia