Imprimir

Santa Comba vístese de Festival de Fin de Curso

que pasa na costa | 14 de xuño de 2018

Festivas Musica SAnta CombaFestivas Musica SAnta Comba

A Escola de Música de Baile Tradicional e a Escola de Música Moderna celebran a vindeira fin de semana os seus festivais de fin de curso en Santa Comba.

A primeira cita será co baile tradicional, o venres 22 de xuño ás 20:30h na Vivenda Comunitaria.

Xa o sábado 23, ás 18:00h no Multiusos, serán os alumnos da Escola Moderna os que ensinen os seus bailes aprendidos ao longo do ano aos seus familiares.

Clausuras

Uns días antes, o martes 19, será o curso para a Clausura das Actividades Educativas, tamén cun acto no Edificio Multiusos a partir das 18:00h.

Concurso de Foto

E outro dos actos previstos terá lugar o xoves 21 de xuño coa entrega de premios do 3º Concurso de Fotografía “Enfocando Santa Comba”, con 300€ para o gañador.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/coristanco/santa-comba-vistese-de-festival-de-fin-de-curso/20180614050724088341.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA