Imprimir

A Semana Gandeira de Mazaricos volveu situar mazaricos no centro do sector lácteo galego

que pasa na costa | 02 de decembro de 2019

A clásica imaxe da Poxa de Gando Frison de Mazaricos
A clásica imaxe da Poxa de Gando Frison de Mazaricos
  • A poxa de gando frisón de Mazaricos volve encher o recinto polivalente
  • Vendéronse todos os lotes que participaban, todos por enriba de 2000€

Volveu convertirse Mazaricos no centro do sector gandeiro galego. A Semana Gandeira ratifica o sentir de todo un pobo, cunha festa absolutamente identitaria na que, ademais, participan todas as familias.

Ao longo da semana desenvolvéronse Obradoiros de produtos lácteos con Lidia Ferreras, onde a veciñanza aprendeu a facer cualladas e outros tesouros gastronómicos. A I Ruta de Tapas recibía a visitantes e veciños con 11 establecimentos servindo tapas relacionadas co mundo gandeiro. Finalmente as persoa participantes puxeron a mellor puntuación ao petisco do Bar Rial.

Xa o sábado abría coa feira de maquinaria agrícola, un dos importante reclamos, xunto coa interesante Xornada Técnica, que recuperou temas como as novidades sobre a Raza Frisona, axudas financieiras, asuntos relacionados coa enerxía fotovoltaica, ou a mellora eficiencia do xurro.

A tarde do sábado foi a tarde das familias, co touro mecánico, obradoiros de camisetas ou de trenzado de palla, e moitas gañas de pasalo ben. Tamén os máis pequenos (e non tan pequeno) fixeron cola para a degustación de balde de Bico de Xeado.

A Poxa

Cheo no recinto feiral de Mazaricos para a Poxa de Gando Frison
Cheo no recinto feiral de Mazaricos para a Poxa de Gando Frisón

A gran cita é, sen dúbida, a Poxa de gando frisón, a máis importante da provincia e unha das mellores de Galicia. Nesta XIII as gradas do recinto feiral polivalente quedaron pequenas para acoller ás e aos poxadores. Vendéronse 19 vacas de ganderías da comarca. Ningunha delas saíu cun importe menor a 2050€ e o prezo máximo acadouno Cundins Cristel Bywat e Cundins Adela Sillian, as dúas da gandería Cunordam (Zas) e cun prezo de 3150 cada unha. A terceira mellor poxada foi da gandería Lago de Mazaricos, que chegou aos 2950€.

A poxa foi dedicada a José Moreira, director técnico de Africor durante 20 anos e que faleceu o ano pasado. No acto falaron o alcalde, Juan Blanco e o conselleiro de Medio Rural, José González. O titular de Medio Rural afondo na necesidade de mellorar a xenética do gando frisón, e indicou que as explotacións galegas en control leiteiro son responsables das dúas terceiras partes do leite que se comercializa en Galicia e, practicamente, toda a produción láctea galega provén de animais da raza frisona.

Autoridades na poxa de MazaricosAutoridades na poxa de gando Frison de Mazaricos

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/mazaricos/semana-gandeira-mazaricos-volveu-situar-mazaricos-centro-do-sector-lacteo-galego/20191202074458115553.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA