Venres. 29.03.2024
El tiempo

Senda Nova dedica a Rabuñal Patiño o Día Internacional dos Humidais

Nova quenda para a Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo
Rabunal Patino explicou o Esteiro do Anllons a rapazada de Senda Nova
Rabuñal Patino nunha visita ao Esteiro do Anllóns coa rapazada de Senda Nova
Senda Nova dedica a Rabuñal Patiño o Día Internacional dos Humidais
Nova quenda para a Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo

Este vindeiro 2 de febreiro celébrase o Día internacional das zonas húmidas e a entidade Senda Nova non falla. Artella para o sábado 1, unha actividade que terá como protagonista a Xosé Luís Rabuñal. O gran ornitólogo cabanés, un dos mais recoñecidos a nivel estatal, guiará a ruta polo Esteiro do Anllóns, por onde xa leva máis de 4.000 visitas.

A actividade celebrarase en xornada de mañá con saída ás 9:30 dende a rúa Venezuela de Carballo e con chegada prevista en torno ás 13:30.
A actividade será de balde, tendo que apuntarse a través do envío vía mail da ficha de inscrición cuberta. Podes conseguila en [email protected] e os tf 611037614 611037617.

Nova quenda para a Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo

Ademais, a entidade abre o prazo de inscrición para a 8ª edición da Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo. Nesta experiencia vital na que as criaturas aprenden da natureza cada fin de semana no Espazo de Oza, poden participar nenos e nenas dos colexios carballeses que cursen entre terceiro e sexto de primaria.
Só custa 30€ de cota única de matriculación, e poden inscribirse aquí.

Comentarios