Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Stoupa, o novo centro da cultura e artesanía da Costa da Morte

Stoupa, o novo centro da cultura e artesanía da Costa da Morte
A tenda turística Stoupa tivo inauguración A tenda turística Stoupa tivo inauguración

Ten que ser unha tenda turística, de iniciativa privada, o primeiro en intentar convertirse no centro da cultura e a artesanía da Costa da Morte. A tenda turística Stoupa xuntou en Cee o pasado venres a uns 40 representantes da cultura local, así como emprendedores e artesáns da comarca.

Persoeiros como Nacho Porto, Viki Rivadulla, Fernando Fraga, Jesica Coiradas, Marinna Mouzo ou Rocío Leira, así como empresas locais como Carnicería Antelo, Atlantis Adventure ou Fresco y del Mar disfrutaron dunha velada na que degustaron dous produtos ideados por emprendedores da comarca: cervexa artesá Estrela do Mar e tónica Bágoas do Mar.

Tivo lugar, ademais, unha presentación aberta ao público na que se presentou a nova colección “Stoupidos 2016”, que estará exposta no noso establecemento durante o mes de Decembro, ata pasar a fin de semana de Reis, e na que participan numerosos artistas da Costa da Morte.

Viki Rivadulla Viki Rivadulla Ricardo Álvarez e Begoña Paz, xerente de Stoupa, brindando con Estrea de Mar Ricardo Álvarez e Begoña Paz, xerente de Stoupa, brindando con Estrea de Mar Ceramistas da Costa da Morte como Gonzalo Añón, da Olería Aparicio, Nano Unzueta ou Nacho Porto, estiveron en Stoupa Ceramistas da Costa da Morte como Gonzalo Añón, da Olería Aparicio, Nano Unzueta ou Nacho Porto, estiveron en Stoupa Novos artistas como o fotógrafo Senén Insua, a artesá Andrea do Río ou a tamén fotógrafa Mar Cerviño Novos artistas como o fotógrafo Senén Insua, a artesá Andrea do Río ou a tamén fotógrafa Mar Cerviño A deseñadora de moda Jesica Coiradas e a fotógrafa Lucía Costa A deseñadora de moda Jesica Coiradas e a fotógrafa Lucía Costa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios