Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Stoupa, o punto de encontro da artesanía e a cultura da Costa da Morte

Stoupa, o punto de encontro da artesanía e a cultura da Costa da Morte
Stoupidos 2017 2 copia A tenda Stoupa quedou pequena para inauguración da mostra Stoupidos

Cee converteuse este sábado no punto de encontro da cultura, da arte e do emprendemento da Costa da Morte. Foi a tenda turística Stoupa a que conseguía congregar case un centenar de personaxes comprometidos coa comarca para estrear a mostra “Stoupidos 2017”, un compendio de artistas da Costa da Morte que levan expoñendo este curso na galería.

A cita acolleu xentes relacionadas coa arte e a cultura como Viki Rivadulla, Pepe de Olegario, Marinna Mouzo, Oti Fernández, Serj, Fernando Fraga, María Canosa, Concha Blanco, María Lema, David de Lorenzo, Frank Buschmann, Manuel Canosa, María Lado, Rocío Leira, Jesica Coiradas, Nacho Porto, Nano Unzueta ou Juan Louro.

Begona Fernandez unha das almas de Stoupa con Silvina Munoz Begoña Fernández, unha das almas de Stoupa, con Silvina Muñoz

Pero tamén houbo presencia empresarial, con representantes de innovadoras empresas locais como Fresco y del Mar, Coído de Sabadelle, Algareira e Toxogel; e empresarios do sector turístico como O Semáforo de Fisterra, Casa de Carmen de Corcubión ou Casa de Trillo de Muxía e, por suposto, amigos e clientes da tenda. Todos desfrutaron dunha velada co un moi bo ambiente donde brindaron por un próspero novo ano con exquisitos produtos comercializados por emprendedores da comarca: cervexa artesá “Estrela do Mar” feita con auga de mar do Coído de Sabadelle en Vimianzo, e doces de chocolate con algas da Costa da Morte, da reposteira de Xaviña, Silvina Muñoz.

Cheo en Stoupa Cee para a Stoupidos 2017 exterior copia Cheo en Stoupa Cee para a Mostra Stoupidos

“Stoupidos 2017”

“Stoupidos 2017” é unha exposición conxunta de mais de 20 artistas colaboradores de Stoupa, que invita aos que a visitan a que regalen neste Nadal, agasallos da terra, produtos únicos e feitos na súa totalidade na Costa da Morte. A galería ceense é un proxecto nado fai un ano e medio, que se vai consolidando día a día, e cuxo obxectivo último é vender a “Costa da Morte”, a obra e o talento dos seus artistas, artesáns, escritores, músicos, e tamén dos seus emprendedores.

“Stoupidos 2017” durará todo o mes de decembro, ata pasar a fin de semana de Reis, e poderá visitarse de luns a sábado de 12h a 14h e de 17h a 21h.

Maria Lado e Maria Canosa en Stoupa María Lado e María Canosa non faltaron á cita en Stoupa

Novas relacionadas

Comentarios