Imprimir

A veciñanza de Camelle queda para limpar os plásticos do Xardín-Museo de Man

Redacción | 08 de outubro de 2020

As últimas mareas vivas teñen traído moito lixo ao Xardín Museo de Man de Camelle. De aí que a Asociación de Veciños de Camelle e Mar de Fábula se unan para organizar, este domingo 11 de outubro, ás 11:00 horas, unha saída de recollida do lixo plástico que afea e contamina o singular coído.

”A limpeza e saneamento deste lugar é condición imprescindible para gardar a dignidade da memoria de Manfred Gnädinger, artista e intelectual absolutamente singular que é patrimonio de Camelle, patrimonio da humanidade”, recoñecen os convocantes.

Lembran que é obrigado inscribirse previamente con nome, apelidos e DNI no correo [email protected] ou no tlfno 608609042.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/vecinanza-camelle-queda-limpar-plasticos-do-xardin-museo-man/20201008091120122421.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia