Imprimir

Os veciños sufocan, coa axuda dos Bombeiros, un incendio nunha cheminea de Carballo

Redacción | 05 de abril de 2019

Esta tarde de venres, os Bombeiros de Carballo tiveron que achegarse ata o lugar de Ganduma, por un incendio que tiña lugar na cheminea do nº2 unha vivenda unifamiliar. Arredor das 19:00h chegaban os Bombeiros, pero antes a familia xa estaba a botarlle auga dende unha escada cunha mangueira de xardín, polo que xa sufocaran o forte das lapas, permitindo así que o lume non chegou a propagarse ao interior da vivenda e tampouco ocasionou danos persoais..

O cometido dos Bombeiros foi colocar un difusor no interior da cheminea para extinguir e refrixerar o seu interior.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/vecinos-sufocan-coa-axuda-bombeiros-incendio-nunha-cheminea-carballo/20190405214515108386.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia