Imprimir

Vimianzo tamén pon en valor o turismo ornitolóxico do Encoro da Fervenza

Redacción | 17 de setembro de 2019

Xornada de turismo ornitolóxico no Encoro da Fervenza
Xornada de turismo ornitolóxico no Encoro da Fervenza

É de todos o Encoro da Fervenza, e así o demostrou estes días o Concello de Vimianzo, a través do departamento de Turismo, coa organización dun roteiro medioambiental enfocado ás aves. Coa axuda do Grupo Naturalista Hábitat, deu a coñecer as cualidades deste lugar para a realización de turismo ornitolóxico e de avistamento de todo tipo de aves.

Partindo do Centro de Interpretación do Encoro da Fervenza, onde os participantes que esgotaron as prazas dispoñibles recibiron unhas nocións básicas para o desempeño da actividade, o grupo desprazouse dende a aldea do Orbellido ao encoro, onde aproveitaron diferentes hábitats que existen en torno á Fervenza para poder avistar aves de diferentes tipoloxías.

Esta actividade pechaba as visitas que dende a oficina de turismo de Vimianzo veñen desempeñando dende o mes de xullo, cunha boa resposta de público como quedou demostrado na actividade desta fin de semana.

Xornada de turismo ornitoloxico no Encoro de Vimianzo

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/vimianzo/vimianzo-tamen-pon-valor-turismo-ornitoloxico-do-encoro-da-fervenza/20190917121044113063.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia