domingo. 04.05.2025
El tiempo

Continúa a festa na #AxendaCostadaMorte

Continúa a festa na #AxendaCostadaMorte
axenda-costa-da-morte-1-setembro-2017 Chega setembro e a #Axenda da Costa da Morte sigue cargada de festas nas que o verbeneo se mistura cos actos litúrxicos e coas comidas familiares. Entre as citas máis importantes desta fin de semana destacan tamén as campañas de descontos en Ponteceso e en Santa Comba así como a primeira feira naútica en Camariñas. Na #AxendaCostadaMorte tamén hai espazo para as actividades máis culturais como pode ser a visita a monumentos históricos da bisbarra. Ademais, poderase desfrutar das activiades ao aire libre, xa que segundo o parte costeiro de 4gotas.com a fin de semana en xeral será anticiclónica ainda que, como xa o advertiron en varias ocasións, o anticiclón non é igual a sol, e moito menos a calor. Hoxe e mañá soprará o vento do nordés, moderado hoxe e algo máis calmo mañá. Hoxe o día virá con nubes ao litoral norte da Costa da Morte, pero non acabará de cubrir o ceo. Nese litoral e no interior alternarán as nubes e os claros durante toda a xornada cuns 20-22ºC de temperatura máxima. Pola contra, no litoral oeste (de Muros a Fisterra) predominará o sol e as temperaturas aproximaranse aos 25ºC. O sábado irán chegando nubes altas a Galicia, xa que se aproxima unha fronte. Non taparán o ceo, agás no final do día cando quedará cuberto cunha fina capa de nubes brancas. Ao calmarse o vento subirán un chisco as temperaturas respecto ás do venres. O domingo está previsto un cambio no tempo. Na mañá e primeiras horas do mediodía aínda predominará o sol, pero a partir das 2-3 da tarde aumentarán as nubes e a partir de media tarde chegarán chuvias. Mentres non cheguen as nubes irá calor polo que se non cambia o prognóstico (atentos ás actualizacións na web) poderase aproveitar a praia pola mañá e comer ao aire libre, facendo a sobremesa xa a cuberto...  

Festas

  • Festas de Baio. En Baio celebran dende hoxe e ata o domingo as festas da vila onde a música será unha das grandes protagonistas. Hoxe á noite soben ao escenario as orquestas Xacobeo e o Combo Dominicano.
  • Na parroquia vimiancesa de Baíñas están hoxe, mañá e o domingo de festas. A eurovisiva Lucía Pérez será unha das grandes convidadas.
  • Por Santa Comba celebran esta fin de semana as Festas na Honra a nosa Señora do Portal de de Grixoa de Esternande.
  • Hoxe rematan as festas de San Ramón en Serres, Muros. A troula comeza a partir das 21 horas coa festa da Navalla e acontinuación actuarán a orquesta Triunfo e a discoteca móbil CDC.
  • Festas en Xoane (Carballo). Dende hoxe e ata o domingo haberá moita festa en Xoane na que unha das protagistas será a actuación de Pili Pampín.
  • Na parroquia de San Mamede, en Carnota, celebran esta fin de semana as festas en honor ao Santísimo Cristo.
  • No Esto (Cabana de Bergantiños) están estes días de festa na honra a San Ramón.
  • Os veciños e veciñas de Buxantes (Dumbría) reuniranse mañá con motivo da Xuntanza da Familia onde non faltara a troula nin tampouco a gastronomía.
  • En Fisterra celebran mañá as festas de San Ramón de Vigo-Mallas coas actuacións da orquesta Breogán e da disco móbil CDC. Xa o domingo será o turno dos máis pequenos que poderán pasalo ben cos inchables e con outra animación infantil.
  • As festas de San Ramón de Camariñas volven mañá. Pola noite tocará a orquesta Principal e tamén haberá unha discotecab móbil.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 20:30 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas. Visitas teatralizadas. Todos os domingos de xullo e agosto ás 13 ás 17 horas os personaxes Roi e Elvira relatan o pasado do castelo.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. Visita guiada e demostración do funcionamento dos batáns e muíños todos os sábados e domingos ás 13 e ás 18 horas.
  • Sala Antón Mouzo. A artista Teresa Candal expón Matriz, unha mostra pictórica “metáfora do nacemento” na que o corpo da muller é o protagonista. Pódese ver na Sala Antón Mouzo, na Casa da Cultura de Vimianzo, até o 20 de setembro. O horario en agosto é de luns a venres de 9 a 15 horas; e en setembro de luns a venres de 9 a 20 horas e os sábados de 9 a 13 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días (de luns a venres de 11 a 20 horas e sábados e domingos de 11 a 21 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.

Outras citas

  • Cine de verán en Fisterra. A Casa da Cultura de Sardiñeiro acolle esta noite, ás 21 horas, a proxección da película "O soño dunha noite de San Xoán".
  • Ruta de Tapas Baiñanas. Hoxe é o último día da ruta de tapas que sirven cinco establecementos de Baíñas por 2,5€, con consumición incluída.
  • Festa do porco ao espeto. Na parroquia cabanesa de O Esto terá lugar hoe a VIII edición da festa do Porco ó Espeto como preludio das festas na honra de San Ramón, que se celebran mañá e o domingo.
  • Santa Comba Móvese. O campo da feira acolle hoxe unha feira singular organizada polos Empresarios da vila e na que participan varios establecementos. Haberá inchables e talleres para nenos, tren turístico e charanga. Ainda que os protagonistas son os descontos, as ofertas e as tapas.
  • Descontos de Bandeira en Ponteceso. Varios establecementos da vila únense para ofrecer importantes descontos de fin de tempada. Ademais, nos bares da vila terá lugar a degustación de tapas a base de mexillóns con motivo da IX Ruta do Mexillón.
  • Concerto no Semáforo de Fisterra. Hoxe, a partir da 19 horas, a terraza do Semáforo de Fisterra convertirase nun escenario ideal para recibir as actuacións de Lidiia Murr e a banda ceesa Anakrusa.
  • Concerto na Ventana de Laxe. The Sowl Breakers, unha banda de funk&soul galega, ofrecen hoxe un concerto no gastrobar a Ventana a partir das 23:30 horas.
  • Maxia en Camelle. O bar A Molinera de Camelle acolle mañá, a partir da media noite, o espectáculo de maxia do Mago Deimi.
  • I feira naútica en Camariñas. Mañá e o domingo terá lugar en Camariñas a Fenacam`17 que reunirá stands con roupa, suministros, antigüidades, restauración, maqueras, seguros, decoración, fotografía… e contará cunha sala para conferencias e presentacións en clave costeira.
  • Día da bici en Corcubión. Mañá, ás 10:30 horas, arranca da praza Castelao a III ruta en bici que discorrerá polos camiños do municipio.
  • Na Semana Cultural da Barca temos cita teatreira na noite do sábado.
Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios