![As familias con fillos en idade escolar recibirán axudas para o inicio do curso escolar. Imaxe: Ceip San Vincenzo]()
As familias con fillos en idade escolar recibirán axudas para o inicio do curso escolar. Imaxe: Ceip San Vincenzo
O
concello de Vimianzo terá aberto ata o vindeiro 3 de novembro o prazo para solicitar as axudas por nacemento, adopción ou acollemento durante o ano 2015 e para o inicio do curso escolar.
En total, o goberno vimiancés destina
máis de 20.000€ a estas axudas que teñen como obxectivo contribuír aos gastos ocasionados por nacemento, adopción ou acollemento e facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar.
A convocatoria de inicio de curso permite mercar libros de texto, material escolar, roupa, zapatos,... e é compatíbel coas axudas doutras administracións. "Este apoio económico tamén é unha execlente oportunidade para inxectar unha importante cantidade económica no
comercio local xa que se prevé que a maior parte das persoas solicitantes realicen ou realizaran as súas compras en comercios de Vimianzo, apostando polo comercio minorista de proximidade e de calidade", aseguran dende o concello.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Vimianzo
Novas relacionadas