Día de emocións e sorpresas con Kepa Junkera e Pazos de Merexo


Menudo día chea de emocións que vivíu Muxía. O mesmo Kepa Junkera volvía pola Costa da Morte aproveitando a presentación do seu novo disco: Galiza. E el mesmo, en persoa, quixo achegarse ata unha pequena e brava aldea chamada Merexo para entregarllo, en man, a un amigo moi especial.
Acordou ca familia aparecer a media mañá, e darlle unha sorpresa ao gran Pazos de Merexo, do que xa teñen falado aquí Viki Rivadulla ou Xurxo Souto. O bo de Pazos, aos seus anos, é partícipe do disco, pois grabou algún dos temas co equipo vasco (outras bandas galegas como Luar na Lubre, Susana Seivane, Xosé Manuel Budiño... tamén participaron). E o artista euskaldún, nun exemplo de achegamento á terra, como o propio disco demostra, quixo entregarllo en man.
Primeira parada na escola

Pero para facer a visita máis completa, antes de aparecer por casa, quixo deixar a súa pegada nun dos coles máis activos da zona, o CEIP Os Muíños, no que ademais estudia o bo de Manuel, o neto. Un neto que xa lle dá ao acordeón case coma o avó, e que hoxe tamén era un dos homenaxeados. Manuel fíxolle o dúo cos acordeóns e a compañeira Paula atreveuse ca pandeireta.
Kepa non dubidou en sacar a súa trikitixa, o noso acordeón, e os pequenos aprenderon a apreciar cantas cousiñas boas temos na nosa terra.
Sorpresa na casa


Malia que algún que outro medio, por intentar sacar a exclusiva case rompe a sorpresa, Kepa sorprendeu ao seu amigo Pazos na súa casa en Merexo. Disfrutaron pequenos, maiores e protagonistas. Unha auténtica estampa feliz viviu Merexo durante esta mañá, na que o acordeón de Kepa compartiu notas co de Pazos de Merexo e co seu bravo neto Manuel.
As emocións desbordábanse a cada comentario, a cada debuxo traído dende a escola, acada recordo do bo de Pazos, ou a cada loubanza de Kepa, que mantivo en todo momento o seu papel de idólatra, nunca no de ídolo.
E ollo, que prometeu voltar por Merexo!!
Temos iso, agradecer a invitación da familia muxiá, que nos brindou a posibilidade de disfrutar dunha velada tan entrañable coma esta. E ao tempo felicitalos por ser tan auténticos que
Ah!, e non vos perdades a historia do acordeón de Pazos de Merexo, que dá para unha película!
Artigos relacionados
- Viki Rivadulla: Pazos de Merexo.
- Xurxo Souto: Pazos de Merexo, o mestre do acordeón diatónico da Costa da Morte.
Novas relacionadas
- Duelo de acordeóns interxeracionais en Muxía.
- Máxica noite con Kepa Junkera e Pazos de Merexo no Couto.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).